Castelo cartuxa de Vallparadís
Castelo cartuxa de Vallparadís | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | castelo e mosteiro cartuxo ![]() | |||
Parte de | Museo de Terrasa ![]() | |||
Estilo | arquitectura gótica ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Vallès Occidental | |||
Concello | Terrasa ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 2 de marzo de 1944 | |||
Identificador | RI-51-0001146 | |||
| ||||
Ben Cultural de Interese Nacional | ||||
Codi BCIN | 215-MH ![]() | |||
Codi BIC | RI-51-0001146 ![]() | |||
Id. IPAC | 236 ![]() | |||
Id. IPAPC | 3318 ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | terrassa.cat… ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O castelo cartuxa de Vallparadís (en catalán: Castell cartoixa de Vallparadís) é unha antiga edificación de Terrasa que se atopa a carón do torrente de Vallparadís. Dende 1959 é a sección principal das seis que conforman o Museo de Terrasa. Accédese a el polo parque de Vallparadís e pola rúa Salmerón.
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro rexistro dunha fortificación a carón do torrente de Vallparadís atópase nun documento de 1110, cando Berenguer de Sanlà e a súa muller Ermessendis compran ó conde de Barcelona, Ramon Berenguer III, unhas terras para construír a súa residencia señorial. O castelo de Vallparadís pertenceu dende entón a esta familia, que adoptou o apelido de Terrasa, até 1344, no que Blanca de Centelles, filla de Bernat de Centelles e de Saurina de Terrassa, cede o castelo a monxes cartuxos de Escaladei e da súa filial de Sant Pol de Mar, que para a súa nova función de mosteiro, introduciron reformas importantes, como a creación do claustro no antigo patio de armas, a sala capitular e a capela.
Como cartuxa de Sant Jaume de Vallparadís subsistirá até 1413, intre no que a comunidade se traslada a Tiana, na nova cartuxa de Montalegre. Ese ano pasa a mans dos carmelitas do Hospital de la Santa Creu de Barcelona e, máis adiante, é adquirida por Jofre de Sentmenat en 1432. Os Sentmenat foron os señores de Vallparadís até 1830, ano no que este territorio pasou a estar baixo a xurisdición do concello de Terrasa. O antigo castelo, daquela convertido en masía, sería adquirido en 1852 pola familia Maurí. En 1944, foi declarado monumento histórico, e en 1947, os Maurí cedéronllo ó Concello da cidade, que, despois dunha intensa camapaña de restauración e reconstrución do arquitecto Alexandre Ferrant, o converteu en parte do Museo de Terrassa en 1959.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo cartuxa de Vallparadís ![]() |