Premià de Mar é un municipio español da provincia de Barcelona, Cataluña, situado no litoral do Maresme, a uns 20 quilómetros de Barcelona. En 1842 o seu nome oficial era Sant Cristòfol de Premià.[1]
A praia é areosa, pouco coidada e sofre unha gran regresión mariña que no seu día se intentou solucionar coa construción duns espigóns e que, nos últimos anos, corríxese temporalmente coa achega artificial de area do fondo mariño, sen a cal non existiría en moitos lugares. A ampliación do porto deportivo, iniciada antes dos Xogos Olímpicos e aínda inacabada, contribuíu en gran xeito, a alterar os volumes de area nas praias.
Xunto ás praias hai uns paseos moi ben coidados, dotados de exercicios variados para deportistas, con grande amplitude para camiñar e ir en bicicleta, rodeados por unha banda de árbores, e do outro de plantas e flores que alegran a vista.
O Centro de Recuperación de Animais Mariños (CRAM) de Premià é unha iniciativa dun grupo de voluntarios e profesionais co obxectivo de salvar animais mariños feridos, especialmente tartarugas e outras especies do Mediterráneo. As súas instalacións están situadas nunha torre de veraneo situada no barrio de Casa Pou-Campo de Mar, que limita co termo de Vilassar de Mar e pódese visitar concertando unha cita previa.
Na economía actual queda algún rastro da antiga actividade industrial (empresas como Metalogenia e Transmesa), algún reduto de floricultura e un mínimo sector servizos. A proximidade a Barcelona, Mataró ou outras poboacións moito máis potentes fan de Premià de Mar un pobo dormitorio.
A Gran Vía Lluís Companys constitúe o eixo básico ao redor do cal vira toda a actividade comercial da vila. Nesta rúa atópase o mercado de Sant Joan e unha gran cantidade de tendas, bares e comercios.