Sant Pere de Ribes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Sant Pere de Ribes
Escut de Sant Pere de Ribes.svg
Localización
Localització de Sant Pere de Ribes respecte del Garraf.svg
País España España
Comunidade Autónoma Cataluña Cataluña
Provincia Barcelona
Comarca Garraf
Xeografía
Altitude 44 msnm
Superficie 40,71 km²
Demografía
Poboación 28.399 hab. (2010)
Densidade 697,59 hab./km²
Xentilicio Ribetà/-ana
Outros datos
Código postal 08810
Alcalde Josep Antoni Blanco i Abad (PSC)
www.santperederibes.org
Panorámica de Sant Pere de Ribes

Sant Pere de Ribes é un municipio da comarca do Garraf, na provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado ao suroeste do macizo do Garraf, cunha pequena zona costeira. Ademais da capital municipal inclúe, entre outros, o barrio de Les Roquetes.

Demografía[editar | editar a fonte]

O gran crecemento demográfico de Sant Pere de Ribes tivo lugar a partir dos anos 1950 pola inmigración da época, e a consecuencia máis inmediata foi a aparición do núcleo de Les Roquetes. Ademais, nesa época produciuse unha importante chegada de murcianos a Ribes.

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 1986 2006
2.081 2.015 2.048 5.291 10.517 11.695 26.859

Festividades[editar | editar a fonte]

A vila de Ribes celebra a súa festa maior de Sant Pau o 25 de xaneiro, festividade da Conversión de San Pablo Apóstolo, e a de Sant Pere o 29 de xuño, festividade de San Pedro e San Pablo. A festa de verán está documentada desde o século XVII e a de inverno ao século XX. Os actos principais da festa teñen lugar a véspera e o mesmo día. Durante os fins de semana anterior e posterior hai tamén actos culturais. As dúas celebracións son consideradas festas locais.

O núcleo de Puigmoltó celebra a súa festa maior de Sant Jaume durante o fin de semana máis próximo ao 25 de xullo, día de San Xaime. O núcleo de Roquetes del Garraf celebra a Santa Eulalia, o 12 de febreiro, e o San Xoán, o 24 de xuño. Varias urbanizacións do municipio celebran tamén as súas propias festas en agosto, como o barrio do Palou, que celebra a Santa María o día 15.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]