El Masnou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
El Masnou
Bandera del Masnou.svg
Escut del Masnou.svg
El Masnou via Buenos Aires.jpg
Localización
Localització del Masnou respecte del Maresme.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaMaresme
Xeografía
Altitude27 msnm
Superficie3,44 km²
Demografía
Poboación22.536 hab. (2010)
Densidade6.551,16 hab/km²
XentilicioMasnoví, masnovina
Outros datos
Código postal08172-08173
AlcaldeEduard Gisbert i Amat
www.elmasnou.net
Igrexa do Masnou

El Masnou é un concello da costa do Maresme, na provincia de Barcelona, Cataluña. Está situado a 17 km ao nordés de Barcelona, entre os termos municipais de Montgat e Premià de Mar. Ten unha poboación de 22.536 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

O actual termo municipal do Masnou pertenceu, antigamente, a Sant Fèlix de Alella e a Sant Martí de Teià, pobos lindeiros relativamente afastados do mar para protexerse dos ataques dos piratas. A súa poboación vivía da agricultura e a pesca e, na praia establecéronse as comunidades de pescadores. Tiña estaleiros propios onde se construían grandes veleiros e embarcacións de pesca.

Co paso do tempo foron construíndose masías fortificadas próximas á praia e, a partir de 1812, coa proclamación da Constitución Liberal, a vila puido escoller alcalde. No entanto, a segregación e independencia do Masnou respecto de Teià non se produciu ata 1825. O novo municipio incorporou o barrio de Ocata e, posteriormente, en 1846 o barrio de Alella del Mar, chamado tamén Cases del Mar.

El Masnou conserva ata o día de hoxe os títulos de "Vila Benéfica" concedido en 1902 polo rei Afonso XIII, con motivo da construción dun asilo benéfico (a Casa Benéfica) e o de "Ilustrísima Vila", concedido en 1909, tamén por Afonso XIII, pola construción, sen axuda ningunha, da Escola Nacional (actual escola de Ocata).

El Masnou foi lugar de veraneo para a alta burguesía catalá que deixou o seu sinal nos diversos chalés e "torres" construídos durante os séculos XIX e XX.

Economía[editar | editar a fonte]

Na actualidade, a agricultura desapareceu case por completo. Outrora estaba dedicada ao cultivo de froitas, hortalizas e verduras. Actualmente, o seu principal e case único cultivo é o da flor, especialmente o caravel que se exporta a case toda Europa.

A industria é máis importante. Predomina o sector do téxtil (xéneros de punto), encabezadas pola compañía DOGI. Hai tamén industrias dedicadas á construción, á cerámica, ao vidro (Ramón Clemente) e produtos farmacéuticos (Alcon-Cusí).

Festividades[editar | editar a fonte]

Edificios históricos e de interese[editar | editar a fonte]

  • Casa de la Vila, de estilo neoclásico do arquitecto Miquel Garriga i Roca.
  • Museu Cusí de Farmàcia.
  • Casa Benèfica, de estilo modernista.
  • Casa del Marquès de Masnou, de estilo neoclásico.
  • Casino, edificio modernista con algúns elementos eclécticos.
  • Casa de Cultura, tamén de estilo modernista.
  • CEIP Ocata, interesante adaptación do estilo modernista a instalacións de uso público.
  • Museu Municipal de la Nàutica del Masnou. Está situado no actual Edifici Centre.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]