Palau-solità i Plegamans
Palau-solità i Plegamans | |||
---|---|---|---|
Casa do concello. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | ![]() | ||
Provincia | Barcelona | ||
Comarca | Vallès Occidental | ||
Xeografía | |||
Altitude | 130 msnm | ||
Superficie | 14,9 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 14.454 hab. (2013) | ||
Densidade | 970,07 hab/km² | ||
Xentilicio | Palauenc, palauenca | ||
Outros datos | |||
Código postal | 08184 | ||
Alcalde | Teresa Padrós i Casañas (PSC) | ||
www.palauplegamans.net |
Palau-solità i Plegamans é un municipio catalán da comarca do Vallès Occidental, na provincia de Barcelona, formado polas antigas parroquias de Plegamans e Palau-solità. Entre 1939 e 2000 o nome do municipio era Palau de Plegamans.
Xeografía[editar | editar a fonte]
O municipio limita coa comarca do Vallès Oriental. Está situado a 11 km de Sabadell, 13 de Granollers e a 25 km de Barcelona.
Limita ao norte con Caldes de Montbui e Lliçà d'Amunt, polo leste con Lliçà de Vall e cun enclave histórico de Montcada i Reixac, ao sur con Mollet del Vallès e Santa Perpètua de Mogoda e polo oeste con Polinyà e Sentmenat.
O municipio ten unha extensión de 15,06 km² e encóntrase unha altitude de 140 metros sobre o nivel do mar. Xeoloxicamente está situado entre a Cordilleira Litoral e a Prelitoral, na denominada depresión do Vallès-Penedès, configurando un territorio basicamente plano na súa parte central e con pequenas serras que se estenden en dirección norte-sur nos extremos do territorio. Na súa parte central e na mesma dirección que as serras, flúe a riera de Caldas, na que desembocan a riera de Sentmenat e o torrente de Can Duran.
Demografía[editar | editar a fonte]
A poboación do municipio está concentrada en varias entidades de poboación: Palau-solità i Plegamans, El Carrer de Dalt, la Pineda i la Plana de l'Alzina, Can Falguera i els Turons, La Sagrera, El Carrer de Baix i la Plana de Can Periquet, Can Cortès i la Pedra Llarga, Can Riera, El Castell i la Tenda Nova, Montjuïc, Polígon industrial de la Riera de Caldes, Can Maiol e Can Perera i Can Valls.
1900 | 1920 | 1940 | 1960 | 1981 | 2000 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|
952 | 1.152 | 1.422 | 1.638 | 4.175 | 11.089 | 14.190 |
Lugares de interese[editar | editar a fonte]
- Campus Arqueolóxico da Fundación Clos (Masía de Can Maiol)
- Capela románica de Sant Genís
- Casa da cultura (Masía de Can Cortès)
- Casa Folch
- Castelo de Plegamans
- Igrexa Parroquial de Sant Genís
- Igrexa parroquial de Santa Maria de Palau-solità
- Museo do pesebrismo (Masía Can Malla)
- Menhir da Pedra Llarga
- Masía do Forn de Vidre
- Parque de l'Hostal del Fum
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palau-solità i Plegamans ![]() |