Sant Feliu de Codines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Sant Feliu de Codines
Escut de Sant Feliu de Codines.svg
31 Sant Feliu de Codines des de la Sagrera, al fons el parc de Can Xifreda.JPG
Vista de Sant Feliu de Codines
Localización
Localització de Sant Feliu de Codines respecte del Vallès Oriental.svg
País España España
Comunidade autónoma Cataluña Cataluña
Provincia Barcelona
Comarca Vallès Oriental
Xeografía
Altitude 480 msnm
Superficie 15 km²
Demografía
Poboación 5900 hab. (2014)
Densidade 393,33 hab./km2
Xentilicio Codinenc, Codinenca
Outros datos
Código postal 08182
Alcalde Pere Pladevall Vallcorba
http://www.santfeliudecodines.cat/

Sant Feliu de Codines é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O municipio atópase no límite occidental da comarca do Vallès Oriental, e sitúase xusto por debaixo da cadea rochosa dos cingles del Bertí. O concello esténdese na zona máis plana das concas do río Tenes e a riera de Caldes. O municipio atópase rodeado de bosques, o que tradicionalmente fixo que moitos dos seus habitantes vivisen das diversas formas de explotación forestais. Hoxe en día o municipio ten un carácter marcadamente residencial, o que fixo que estes oficios tradicionais fosen en gran medida abandonados.

Historia e Patrimonio[editar | editar a fonte]

O nome de Sant Feliu xa aparece nomeado no ano 1059. A vila tivo unha considerable importancia durante a Idade Media, gañando dito título xa na Idade moderna no ano1793. Xa no século XX, grazas ó seu clima e a proximidade con outros núcleos de poboación, a vila pasou a ser residencial. Coma exemplo de visitantes ilustres, citar ó arquitecto Antoni Gaudí, o doutor Bartomeu Robert, o filólogo Pompeu Fabra ou o político Francesc Cambó.

Vésaxe tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]