Saltar ao contido

Mollet del Vallès

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mollet del Vallès
 Nome oficial
    Mollet del Vallès (ca)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
molletense (it)  
Molletà (ca)  
molletana (ca)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
(2008)
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: alcalde de Mollet del Vallès Editar o valor en Wikidata
Mireia Dionisio (pt) Traducir (2019 - )
Josep Monràs i Galindo (pt) Traducir (2004 - 2019) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
476 (1717) rexistro civil
768 (1787) rexistro civil
1.376 (1857) rexistro civil
1.418 (1860) rexistro civil
1.706 (1877) rexistro civil
2.012 (1887) rexistro civil
2.130 (1900) rexistro civil
2.695 (1910) rexistro civil
3.752 (1920) rexistro civil
5.527 (1930) rexistro civil
6.219 (1936) rexistro civil
6.132 (1940) rexistro civil
6.241 (1945) rexistro civil
6.614 (1950) rexistro civil
7.323 (1955) rexistro civil
8.303 (1960) rexistro civil
10.644 (1965) rexistro civil
20.212 (1970) rexistro civil
28.869 (1975) rexistro civil
35.494 (1981) rexistro civil
38.272 (1986) rexistro civil
40.947 (1991) rexistro civil
46.897 (2001) rexistro civil
48.727 (2002) rexistro civil
50.001 (2003) rexistro civil
50.691 (2004) rexistro civil
51.218 (2005) rexistro civil
51.713 (2006) rexistro civil
51.365 (2007) rexistro civil
51.912 (2008) rexistro civil
52.484 (2009) rexistro civil
52.459 (2010) rexistro civil
52.409 (2011) rexistro civil
52.242 (2012) rexistro civil
51.954 (2013) rexistro civil
51.719 (2014) rexistro civil
51.650 (2015) rexistro civil
51.491 (2016) rexistro civil
51.128 (2017) rexistro civil
51.133 (2018) rexistro civil
51.318 (2019) rexistro civil
51.600 (2020) rexistro civil
51.151 (2021) rexistro civil
51.294 (2022) rexistro civil
51.824 (2023) rexistro civil
52.283 (2024) rexistro civil
52.990 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   26.096 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   25.222 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Número de fogares
66 (1553)
45 (1497)
46 (1515) Editar o valor en Wikidata
 Orzamento
   84.600.000 € (2023) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   10,8 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   65 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal08100 Editar o valor en Wikidata
Código INE08124 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap345553 Editar o valor en Wikidata
VIAF154794650 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0fyj42 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX451929
Wikidata G:Commons C:Commons

Mollet del Vallès, antes coñecido como Mollet a secas, é un municipio da comarca do Vallès Oriental, na provincia de Barcelona, Comunidade Autónoma de Cataluña, España.

Vista xeral do concello.

No termo de Mollet realizáronse diversos achados arqueolóxicos, algún de grande importancia, que testifican a antigüidade da súa poboación, pero as primeiras referencias escritas coñecidas de Mollet del Vallès como núcleo habitado son do século X. En dous documentos do ano 993 xa aparece mencionado o nome de Mollet, transcrito como Moledo, e a igrexa de San Vicente, que aínda conserva o campanario medieval.

Entre os séculos XII e XIV, Mollet pertenceu á sede episcopal de Barcelona e os seus habitantes eran súbditos do bispo. No ano 1393, Mollet pasou a depender directamente da coroa e converteuse en "rúa" de Barcelona, con representante no Consell de Cent desa cidade. Isto supuxo unha prosperidade para o pobo e un reforzamento da organización colectiva, que quedaba definida polo batlle (alcalde), a curia e os sindicatos.

A vitalidade da comunidade fíxose evidente no século XV coa edificación da igrexa de San Vicente. O edificio foi destruído durante a guerra civil española, con excepción do campanario, que conserva o baseamento románico.

Mollet viviu, como o resto do territorio, todos os feitos importantes da historia catalá e peninsular. Hai que destacar, entre as accións bélicas, a batalla que as tropas españolas gañaron ao invasor francés nas proximidades do pobo en 1810 e o bombardeo do centro da cidade (Quatre Cantons) pola aviación franquista en 1938, que causou mortos e feridos.

Actualmente está emprazada no municipio o Instituto de Seguridade Pública de Cataluña, onde se preparan os axentes da policía local e autonómica coñecidos como Mossos d'Esquadra.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
1900193019501970198120002009
2.1305.5276.61420.21235.49446.20452.484

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
Museo Abelló
  • Parc dels colors
  • Igrexa Parroquial de Sant Vicenç
  • Igrexa de Santa María de Gallecs
  • Les Rambles
  • Casa do Concello
  • Masia de Can Borrell
  • Masia de Can Lledó
  • Masia Can Mulà
  • Masia de Can Pacià
  • Masies de Can Pantiquet e Can Flequer

Localidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]