Sant Sadurní d'Anoia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°25′34″N 1°47′6″L / 41.42611, -1.78500

Sant Sadurní d'Anoia
Escut de Sant Sadurní d'Anoia.svg
Sant Sadurní Església.JPG
Localización
Localització de Sant Sadurní d'Anoia respecte de l'Alt Penedès.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaAlt Penedès
Xeografía
Altitude162 msnm
Superficie18,97 km²
Demografía
Poboación12.323 hab.
Densidade649,6 hab/km²
XentilicioSadurninenc, sadurninenca
Outros datos
Código postal08770
AlcaldeJoan Amat
www.santsadurni.cat
Igrexa de Sant Sadurní d'Anoia.

Sant Sadurní d'Anoia é un municipio español da comarca do Alt Penedès, na provincia de Barcelona, Cataluña.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O termo Sadurní procede do antropónimo latino Saturninus, diminutivo de Saturnus 'Saturno'. O predicado ao río Anoia, do latín amnucula 'regato'.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Pertence á comarca do Alt Penedès e linda cos termos municipais de Piera e Sant Llorenç d'Hortons ao norte, Gelida ao leste, Subirats ao leste e sur, e Torrelavit ao oeste, todos de Barcelona. O termo contén os núcleos rurais de Can Benet de la Prua, Can Catassús, Espiells e Monistrol d'Anoia.

Historia[editar | editar a fonte]

As súas orixes están na antiga parroquia de Sant Sadurní de Subirats documentada en 1080. A súa situación privilexiada respecto ao resto de parroquias da zona, aceleraron a súa prosperidade conseguindo ser municipio independente en 1764, momento no que adquire o seu nome actual.

Aínda que o cultivo da viña é anterior, será no século XVIII cando empece a desenvolverse grazas á demanda do mercado americano. Durante os anos 1869 e 1880 vivirase o momento de maior crecemento debido á praga da filoxera que sufrían os viñedos franceses. Desgraciadamente, en 1887, a praga tamén chegaría a San Sadurní arruinando viñas e a economía da poboación. Con todo, campesiños e arrendadores, baixo a dirección de sete propietarios locais, que posteriormente serían alcumados como "os sete sabios de Grecia", emprenderon a ardua tarefa de loitar contra a filoxera. Deste xeito o municipio convértese no principal núcleo catalán na loita contra a praga. Comezouse a replantar as viñas con pés de cepa americana, inmunes á praga, e aos poucos a produción foi crecendo ata chegar aos nosos días nos que San Sadurní é o principal produtor de cava do país.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008
2.671 4.198 4.168 7.074 8.591 9.539 11.909

Monumentos[editar | editar a fonte]

  • Ermida de Sant Benet d'Espiells: entre os séculos X e XI de estilo prerrománico.
  • Casa Consistorial.
  • Fonte do Mingo.
  • Antigo Hospital.

Festas[editar | editar a fonte]

  • Do 1 ao 16 de setembro: Fires i Festes, onde destacan a "Festa da Fil·loxera", en recordo da temible praga, a Festa dels Barris" e a "Festa Major".
  • Doutra banda, a primeira fin de semana de outubro celébrase o chamado "Cavatast". Este evento reúne todas as empresas da denominación do cava, así como outras empresas relacionadas coa gastronomía, nunha verdadeira feira. Toda a céntrica Rambla de la Generalitat prepárase para o evento, onde cada cavista ofrece unha copa de cava no seu posto (caseta) aos visitantes a cambio dun tícket, que compran previamente. Desta forma, inténtase promover a degustación da incriblemente variada oferta de cava, ademais de embutidos, chocolate e outros aperitivos. Os visitantes gozan tamén dunha oferta lúdica extraordinaria.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]