Castelldefels

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Castelldefels
Bandera Castelldefels.jpg
Blason ville es Castelldefels.svg
Localización
Localització de Castelldefels respecte del Baix Llobregat.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaBaix Llobregat
Xeografía
Altitude3 msnm
Superficie12,87 km²
Demografía
Poboación62.250 hab. (2010)
Densidade4.836,83 hab/km²
XentilicioCastelldefelenc, castelldefelenca
Outros datos
Código postal08860
AlcaldeCandela López Tagliafico (ICV)
www.castelldefels.es

Castelldefels é un municipio español da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, Cataluña.

As primeiras mencións da cidade fixéronse co nome de Castrum Felix. Unha forma romanizada, Castello de Feles, serviu como semente para o nome actual da poboación. Durante varios anos castelanizouse o nome a Casteldefels, e así figura nalgúns dicionarios de topónimos, se ben está caendo en desuso dende que se adoptou a forma Castelldefels como única oficial.

Castelldefels foi en principio unha poboación formada por unha serie de masías dispersas. Até o século XX non tivo unha auténtica estrutura urbana. Co desenvolvemento económico da cidade de Barcelona e a popularización do automóbil, Castelldefels trocouse nun lugar de veraneo de moitos barceloneses a mediados dos anos 1950. En 1957 había máis de 40 urbanizacións en construción.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008
289 797 2.039 13.219 24.559 45.091 60.572

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Castelo de Castelldefels
  • Castelo: situado nunha ladeira, foi construído no Século X. A forma definitiva do castelo construíuse no século XVIII. Na actualidade serve como sala de exposicións.
  • Canle Olímpica: construído para a celebración das competicións de velocidade en augas tranquilas durante os Xogos Olímpicos de 1992. Na actualidade pódense realizar diversos deportes.
  • Escola Politécnica Superior de Castelldefels: Ofrece as titulacións universitarias de Enxeñaría Técnica de Telecomunicacións e Enxeñaría Técnica Aeronáutica. Pertence á Universidade Politécnica de Cataluña.
  • Praias: de máis de 5 quilómetros de lonxitude.
  • Zonas de escalada: Penya Ginesta, Rocha Negra, Mala Dona, entre outras.
  • Poboación (2006): 56.718 habitantes.
  • Superficie: 12,9 km².
  • Altitude: 3 m.

Irmandamentos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]