Mercat de la Independència

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 41°33′40″N 2°0′29″L / 41.56111, -2.00806

Mercado de Terrasa.

O Mercat de la Independència é o mercado central de Terrasa, tradicionalmente o máis importante. Ocupa toda unha illa de casas triangular que dá ó Raval de Montserrat (onde se atopa a entrada principal), a Rambla d'Ègara e a rúa da Goleta. Trátase dun edificio modernista, obra dos arquitectos municipais Antoni Pascual i Carretero (entre 1904 e 1906) e Melcior Vinyals i Muñoz, a partir do 1908, ano no que se vai inaugurar.

Edificio[editar | editar a fonte]

Ten planta de tres naves en forma de abano e de medida desigual (de 70, 65 e 28 m de longo respectivamente), que se unen baixo unha gran bufarda. Ten unha superficie duns 3 400 m² á planta principal e uns 1 500 m² á planta subterránea, orixinariamente destinada ás cabalerías e actualmente zona de servizos; a disposición en dúas plantas explícase polo desnivel existente entre o Raval e a Rambla. A súa estrutura está formada por 50 columnas de ferro fundido que terman dunha cuberta que favorece a entrada da luz natural a través de 4 000 claraboias de vidro.[1] Trátase da meirande estrutura de ferro da cidade, un concepto moi innovador na época da construción do edificio, xa que daquela o ferro só se empregaba como elemento decorativo.

Bufarda central.
Interior do mercado.

Das tres naves, a á pequena está destinada basicamente á venda de peixe e pesca salgada, mentres que nas outras dúas hai postos de carne, froita, verdura, especias, legumes, autoservizo e restauración.

Nome do mercado[editar | editar a fonte]

O seu nome conmemora o centenario do comezo da Guerra da Independencia española, en 1808, se ben tamén se propuxera chamalo «Mercat de la Llibertat». Unha placa na entrada principal reza: «1808 homenatge a Sagrera Vinyals Viver i altres ciutadans que se sacrificaren per la independència de la pàtria. Terrassa, en el primer centenari, 1908.»

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ajuntament de Terrassa, «Mercat Municipal de la Independència»". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2013. Consultado o 08 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]