Martorelles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Martorelles
Bandera de Martorelles.svg
Escudo de Martorellas (Barcelona).svg
Martorelles.jpg
Imaxe de Martorelles
Localización
Localització de Martorelles.png
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaVallès Oriental
Xeografía
Altitude96 msnm
Superficie3,61 km²
Demografía
Poboación4.893 hab. (2007)
Densidade1355,41 hab./km2
XentilicioMartorellense, martorellensa
Outros datos
Código postal08107
AlcaldeMarc Candela i Callado
Web do concello

Martorelles é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental. Limita cos concellos de Montornès del Vallès, Santa Maria de Martorelles, Sant Fost de Campsentelles e Mollet del Vallès.

Historia[editar | editar a fonte]

Durante a ditadura de Primo de Rivera coma consecuencia da necesidade derivada do rápido crecemento dalgunhas poboacións, apróbase unha lei que permite a segregación dos municipios. É nese período cando o antigo pobo de Martorelles, froito do forte crecemento demográfico, se estende cara a ribeira do río Besòs. Os servizos básicos coma as escolas e os médicos trasládanse á parte baixa da localidade, xerando descontento entre os veciños da parte alta. Doutra banda no 1911 o concello de Martorelles pide á Deputación de Barcelona que se faga cargo da construción da estrada que cruza toda a localidade. Por diversos motivos a construción da estrada quedou incompleta, afondando máis o sentimento de abandono de parte dos cidadáns.

Nestas circunstancias, no 1927, unha comisión de veciños de Martorelles de arriba, presenta unha instancia ó concello solicitando a segregación do municipio. Finalmente no 1927 apróbase a disposición real pola cal se concede a segregación solicitada e créase o novo concello de Santa María de Martorelles[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]