Os seus inicios remóntanse ao século XIII, levantado ao redor dun antigo hospital e dunha igrexa. A situación dunha fonte de augas termais deu o nome ao municipio.
Desde 1870 ata 1920, Caldetes, viviu unha primeira idade de ouro, ao ser centro de veraneo da burguesía catalá. Importantes poetas e escritores cataláns como Apel·les Mestres, Joan Maragall, Jacint Verdaguer ou Josep Palau i Fabre, viviron no municipio. Aínda que se considera que o diminutivo de Caldetes (aplicado especialmente ao barrio marítimo ou vila nova) naceu no século XVIII, o nome xa foi utilizado o ano 1600, na Xeografía de Cataluña de Pere Gil. Durante a Guerra civil española Caldetes foi considerada cidade aberta por ter varias embaixadas dentro do municipio, o que significaba que non podía ser bombardeada.
A estrada N-II comunica o termo co resto de municipios da costa, e unha estrada local úneo con Sant Vicenç de Montalt. Ten unha estación de ferrocarril de proximidades.
Vila Vella, no alto do pobo, na que se atopan masías como Can Milans de Caldes, con elementos góticos e fortificada, e Can Gili, orixinaria do século XVI, moi reconstruída no 1910, por Francesc Nebot.
A igrexa de Santa María, situada no núcleo antigo do pobo, foi construída do 1805 ao 1829, sobre unha antiga igrexa do século XIII, da que só se conserva a pila bautismal, os capiteis dos arcos da fachada e unha lápida con caracteres góticos. O retablo orixinal foi queimado durante a guerra civil española.
A Torre Verda e a Torre Busquets, son dúas torres de defensa, ambas do século XVI. As dúas torres só separadas por uns metros, teñen xunto a elas, dous masías, hoxe en día moi restauradas. As dúas torres están catalogadas como, Ben Cultural de Interese Nacional.
O Paseo de Mar e o Paseo dos Ingleses, son dúas avenidas xunto ao mar, con notables casas de veraneo, a maioría de estilo novecentista e modernista.
Forno de cerámica do século XVI, descuberto casualmente en xullo de 2009 durante unhas obras na zona coñecida como o "Forn de les Escaletes".
A Fundació Palau foi inaugurada en maio de 2003, exhibe e difunde o fondo artístico da colección de arte persoal de Josep Palau i Fabre, así como os seus arquivos e biblioteca, do cal é de grande importancia o fondo documental sobre Picasso.