Sant Quirze del Vallès

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°32′5″N 2°4′56″L / 41.53472, -2.08222

Sant Quirze del Vallès
Escut de Sant Quirze del Vallès.svg
San Quirico del Vallés - Rotonda.jpg
Localización
Localització de Sant Quirze del Vallès respecte del Vallès Occidental.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaVallès Occidental
Xeografía
Altitude188 msnm
Superficie14,27 km²
Demografía
Poboación18.702 hab. (2010)
Densidade1.335,86 hab/km²
XentilicioSantquirzenc, santquirzenca
Quirzetenc, quirzetenca
Outros datos
Código postal08192
AlcaldeMontserrat Mundi (CiU)
www.santquirzevalles.cat

Sant Quirze del Vallès é un municipio pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Vallès Occidental, en Cataluña. A localidade está situada a 25 km de Barcelona e limita con outras grandes cidades como Sabadell, Rubí, Terrassa ou Sant Cugat del Vallès.

Historia[editar | editar a fonte]

Atopáronse importantes restos arqueolóxicos dentro do termo municipal que demostran a presenza humana na zona desde o neolítico, fai 6.000 anos. Probablemente estas primeiras sociedades establecésense neste lugar aproveitando os recursos naturais e o relevo suave do terreo, propicio para a agricultura e a gandería.

A orixe de Sant Quirze como pobo se remonta na Idade Media, en principio cunha poboación diseminada en masías e vilas, e máis tarde a construción de casas ao redor da parroquia. Nese tempo a parroquia e o territorio que o rodeaba dependían do castelo de Terrassa.

A economía do municipio baseouse tradicionalmente na agricultura, especialmente no cultivo da vide realizado nas distintas masías dispersas por todo o termo, existentes ata fai ben pouco. Hoxe en día aínda é posible atopar algunhas que sobreviviron o paso do tempo, como Can Feliu, Can Barra ou Can Vinyals.

A comezos do século XX, a súa poboación compaxinaba o traballo nas fábricas das cidades veciñas co cultivo da terra. A proximidade da cidade de Sabadell, a construción da estación do ferrocarril e o asentamento progresivo de diferente industrias nos arredores do municipio, provocaron un cambio na actividade agrícola. Desde finais dos setenta, Sant Quirze experimentará unha notable expansión e incremento da poboación coa construción de urbanizacións tales como Vallès Parc, Sant Quirze Jardí ou Mas Duran, e coa chegada de familias novas procedentes na súa maioría de Barcelona. Actualmente, Sant Quirze é un municipio de servizos e fundamentalmente residencial.

Demografía[editar | editar a fonte]

Sant Quirze del Vallès. Gráfica de poboación. 1900-2006

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Igrexa parroquial
  • Sant Feliuet de Vilamilans: pequeno templo prerrománico dunha nave con planta en cruz e tres ábsidas. Aparece nos documentos desde finais do século X.
  • Igrexa de Sant Quirze e Santa Julieta: consagrada en 1050 polo bispo de Barcelona, foi remodelada no século XVII.
  • La Patronal: edificio de estilo modernista edificado en 1922. Durante os seus primeiros anos foi punto de encontro da xente acomodada da localidade.
  • Cooperativa Agrícola: edificio modernista de 1927, punto de encontro da clase traballadora do pobo.
  • Torre Julià: casa modernista no barrio de Les Fonts.
  • Casa de Cultura Vila-Puig: casa natal do pintor Joan Vila-Puig, rehabilitada en 2002.

Festividades[editar | editar a fonte]

  • Pase de San Antonio, en xaneiro.
  • Carnaval
  • Aplec del Mussol
  • Festas patronais de Sant Quirze e Santa Julieta, o 16 de xuño.
  • Festa maior, en setembro.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]