Lliçà de Vall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lliçà de Vall
Bandera de Lliçà de Vall.svg
Escut de Lliçà de Vall.svg
Llica-de-vall.jpg
Imaxe de Lliçà de Vall
Localización
Localització de Lliçà de Vall.png
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaVallès Oriental
Xeografía
Altitude213 msnm
Superficie10,83 km²
Demografía
Poboación6.426 hab. (2013)
Densidade593,32 hab./km2
XentilicioLliçanenc, lliçanenca
Outros datos
Código postal08185
Web do concello

Lliçà de Vall é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.

Situación e paisaxe[editar | editar a fonte]

O municipio atópase no val de Tenes, que é atravesado de norte a sur polo río Tenes. Ademais a orografía é condicionada por diversos regatos e cursos de auga. A poboación está altamente dispersada en diferentes núcleos. No resto de territorio localízanse importantes polígonos industriais e aínda se conservan espazos agrícolas e zonas boscosas.

Orixe[editar | editar a fonte]

Os primeiros restos humanos no val de Tenes datan do paleolítico, ó redor do 10.000 a.C. A romanización foi moi importante na zona. De feito pénsase que a orixe do nome da vila provén dun veterano do exército romano chamado Licius. Tras os moitos anos de servizo, fóronlle outorgadas en recompensa abondosas terras desta zona. Do nome Llicius, formaríase o adxectivo Licianus, que derivaría en Lliçà.

Industria[editar | editar a fonte]

O municipio conta cunha importante actividade industrial, debido ó bo condicionamento dos polígonos e as boas redes de transporte que comunican a vila con redes de estradas nacionais e internacionais. A industria asentada está moi diversificada: alimentario, artes gráficas, a metalurxia, a cosmética ou as subministracións industriais, son algúns dos tipos de industria que se poden atopar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]