Arenys de Mar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Arenys de Mar
Localización
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaMaresme
Xeografía
Altitude10 msnm
Superficie6,87 km²
Demografía
Poboación14.688 hab. (2010)
Densidade2.137,99 hab/km²
XentilicioArenyenc, arenyenca
Outros datos
Código postal08350
AlcaldeRamon Maria Vinyes i Vilà (PSC)
www.arenysdemar.cat

Arenys de Mar é un municipio español da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Maresme. Segundo datos do INE tiña 14.688 habitantes en 2010.

É un importante porto pesqueiro, o principal da provincia de Barcelona e recreativo, tanto é así que o porto e os seus servizos é o motor principal da economía do municipio.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Rúa "La Riera" en Arenys

Arenys de Mar está situado no litoral da Costa Brava, entre Caldes d'Estrac e Canet de Mar, ao pé do Parque Natural do Montnegre e o Corredor.

Dista cerca de 40 km de Barcelona. Arenys de Mar está ligada á estrada nacional N-II, á autoestrada C-32 e á rede ferroviaria local (Rodalies, liña C-1). Dista 40 km do aeroporto internacional de Xirona e 56 km do Aeroporto de Barcelona.

Historia[editar | editar a fonte]

Arenys del Mar naceu no século XIV como barrio costeiro da localidade veciña de Arenys de Munt. Foi obxectivo das correrías dos piratas bérberes, polo que se construíron parta protexer o lugar fortificacións, como 13 torres defensivas. En 1599 obtivo o título de cidade, constituíndose en municipio.

No transcurso do século XVII a poboación veuse decimada por causa da epidemia de cólera do ano 1653. Arenys de Mar tivo unha certa importancia como porto comercial durante os séculos XVIII e XIX, por ser único porto ben dotado existente na costa setentrional da provincia de Barcelona.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008
4.618 5.702 6.477 8.325 10.088 12.257 14.449

Economía[editar | editar a fonte]

A economía de Arenys de Mar baséase esencialmente na pesca (escasa entre 2006 e 2007) e no turismo estival. Arenys é aínda o principal porto do Maresme e mantén unha importante frota de pesqueiros. A poxa de peixe vespertina ten lugar decote e atrae moitos turistas.

Arenys é meta de turismo de praia (tén a sonada praia del Cabaió) e cultural, polas súas fortificacións, o museo, o porto e mesmo polo mito de Sinera, creado polo grande poeta catalán Salvador Espriu, que tanto amou esta terra.

Sitios de interese[editar | editar a fonte]

A igrexa de Santa Maria.

Salienta a igrexa de Santa Maria d'Arenys, obra de Pau Costa (1685) e a edificación de estilo modernista que acolle o mercado.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]