Folgueroles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Folgueroles
Escut de Folgueroles.svg
Folgueroles.jpg
Localización
Localització de Folgueroles respecte d'Osona.svg
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaFlag of Catalonia.svg Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaOsona
Xeografía
Altitude552 msnm
Superficie10,5 km²
Demografía
Poboación2.216 hab. (2010)
Densidade211,05 hab/km²
XentilicioFolguerolenc/a
Outros datos
Código postal08519
AlcaldeCarles Baronet (IF)
www.folgueroles.cat

Folgueroles é un concello da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca de Osona.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros vestixios humanos datan da época calcolítica ou eneolítica (2100-1500 a.C.), tamén coñecida como Idade de Bronce. Unha notable testemuña da súa presenza atópase no monte Sant Jordi, onde está o dolmen de Puigseslloses, enterramento en sepulcro megalítico. É por iso que en 1477 foi construída a capela de Sant Jordi nesa zona, que foi reconstruída e ampliada en 1833.

Do período protohistórico, excaváronse os restos do poboado fortificado do Casol de Puigcastellet, construído e habitado polos ausetanos, antigo pobo ibérico, durante o século III a.C., situado nos primeiros montes que marcan o límite entre a Plana de Vic e as Guilleries. A fortaleza está formada por unha muralla de 64 metros de longo e 3 de largo construída en pedra seca. Na parte maziza atopamos unha torre cuadrangular encostada.

O municipio foi repoblado durante a Alta Idade Media ao redor da igrexa de Santa María, xa documentada desde o 967. O núcleo do pobo constituíuse a partir de finais do século XVI. Durante o século XVIII creáronse os barrios da Ricardera e o Carrer de la Font.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 1986 2006 2008
735 996 918 977 1010 1065 1.983 2.154

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]