Sabadell
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
| Provincia | provincia de Barcelona | ||||
| Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
| Comarca | Vallès Occidental | ||||
| Capital de | Vallès Occidental (1987–) | ||||
| Capital | Sabadell | ||||
| Contén a división administrativa | District 1 of Sabadell (en) District 2 of Sabadell (en) District 3 of Sabadell (en) District 4 of Sabadell (en) District 5 of Sabadell (en) District 6 of Sabadell (en) District 7 of Sabadell (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 225.368 (2025) | ||||
| Número de fogares | 144 (1553) | ||||
| Lingua oficial | lingua catalá | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Diocese | Diocese de Terrassa (pt) | ||||
| Superficie | 37,8 km² | ||||
| Bañado por | Río Ripoll e río Sec | ||||
| Altitude | 190 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1800 a. C. | ||||
| Santo padrón | Fiz de Xirona | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | casa consistorial de Sabadell | ||||
| • Alcaldesa | Marta Farrés (pt) | ||||
| Órgano lexislativo | Plenary Session of the Town Council of Sabadell (en) | ||||
| Membro de | |||||
| Moeda | euro | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 08200–08208 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 93 | ||||
| Código INE | 08187 | ||||
| Código territorial IDESCAT | 081878 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | sabadell.cat | ||||
Sabadell[1] (en catalán pronunciado [səβəˈðeʎ]) é un concello e cidade española da provincia de Barcelona, na comunidade autónoma de Cataluña. Tamén é a capital, xuntamente con Terrassa, da comarca do Vallès Occidental.
Con 207.338 habitantes é a quinta cidade catalá en poboación, tras Barcelona, L'Hospitalet de Llobregat, Badalona e Terrassa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Sabadell está sita a uns 20,6 km ao noroeste de Barcelona, no centro da comarca, xunto ao río Ripoll. Limita ao norte con Castellar del Vallès e Sentmenat, ao leste con Terrassa e Sant Quirze del Vallès, ao oeste con Polinyà e Santa Perpètua de Mogoda e ao sur con Barberà del Vallès, Badia del Vallès e Cerdanyola del Vallès.
Historia
[editar | editar a fonte]A poboación naceu ó redor da capela de Sant Salvador d'Arraona no século XII. Con todo, a época dourada de Sabadell chegou no século XIX co desenvolvemento económico arredor do sector téxtil. Grazas a este desenvolvemento Sabadell acadou o título de cidade no 1877.
Demografía
[editar | editar a fonte]A inmigración, potenciada sobre todo pola expansión industrial de Sabadell, provocou aumentos notables da poboación nas últimas décadas. O máis notable comezou nos anos 1950 e durou ata finais dos 70, cando se triplicou a poboación da cidade. A maioría dos inmigrantes procedían de diferentes zonas de España, especialmente de Andalucía, Estremadura e Murcia. A poboación da cidade aumentou tamén en varios miles os últimos anos, co aumento da inmigración extracomunitaria a Cataluña.
| Gráfica de evolución demográfica de Sabadell[2] entre 1842 e 2021 |
![]() |
| Poboación de dereito segundo os censos de poboación do INE. Poboación de feito segundo os censos de poboación do INE. |
Entidades
[editar | editar a fonte]Sabadell está formado por cinco entidades de poboación:
- Sabadell.
- San Nicolau.
- La Salut.
- Berard.
- Togores.
Edificios e obras salientables
[editar | editar a fonte]- Casa da Vila.
- Igrexa de Sant Feliu: obra do arquitecto Enric Sagnier i Vilavecchia (1858-1931).
- Monumento a Sallarès i Pla: obra do escultor Josep Clarà (1878-1958).
- Sede da Caixa d'Estalvis de Sabadell: obra do arquitecto Jeroni Martorell (1877-1951).
- Torre de l'Aigua.
Localidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Praza do Concello e igrexa de Sant Fèlix
- Torre de l'Aigua
- Concello de Sabadell
- Edificio Caixa Sabadell
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sabadellenco.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística. "Alteracións dos concellos nos censos de poboación dende 1842". Consultado o 14 de outubro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sabadell |
- Portal Municipal de Sabadell. - Concello de Sabadell (en catalán).
- O Patrimonio Histórico de Sabadell - Oficina de Patrimonio do Concello de Sabadell (en catalán).
- Mapa de l'Institut Cartogràfic de Catalunya (en catalán).

