Sant Andreu de Llavaneres
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
| Provincia | provincia de Barcelona | ||||
| Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
| Comarca | Maresme | ||||
| Capital | Sant Andreu de Llavaneres (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 11.938 (2025) | ||||
| Número de fogares | 64 (1553) | ||||
| Lingua oficial | lingua catalá | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 11,8 km² | ||||
| Bañado por | mar Mediterráneo | ||||
| Altitude | 114 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Mayor of Sant Andreu (en) | Àlex Neira Marí (2023–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 08392 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 08197 | ||||
| Código territorial IDESCAT | 081976 | ||||
| Sitio web | ajllavaneres.cat | ||||
Sant Andreu de Llavaneres, coñecido tamén como Llavaneres, é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Maresme. Segundo datos do INE tiña 10.406 habitantes en 2011.
Está situado a 36 km ao norte de Barcelona, á beira da costa mediterránea onde conta co porto deportivo Port Balís. Está entre o mar situado ao leste e o Parque Natural do Montnegre e o Corredor ao oeste. A poboación ten boas comunicacións coa capital grazas á liña 1 de Rodalies de Barcelona, así como a autoestrada C-32 e a N-II.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Unha lenda etimolóxica, carente de verosimilitude, supón que Llavaneres significa Serena Vall (Sereno val) lido ao revés. Na súa forma máis antiga o topónimo aparece coa forma labandarias.
Historia
[editar | editar a fonte]Os restos arqueolóxicos máis antigos que se atopan no termo son as rocas de Sant Magí, na serra de Montalt, as cales datan do neolítico.

Antigamente entre a riera de Llavaneres e o torrente de Les Bruixes estaba Can Sanç, unha vila rural que desde a romanización desprazouse desde zonas iberas. Alí cultivábanse viñas e oliveiras. A actividade económica, como en Mataró e outros municipios, era soamente agrícola e centraba o seu interese nos cultivos hortícolas.
Máis tarde, Sant Andreu de Llavaneres foi parte de Mataró e ao final, cara á metade do século XVI conseguiu a independencia. O que nun inicio era unha poboación dispersa foise desenvolvendo e fóronse formando barrios como o de Cal Sanç, onde a xente xuntábase aos poucos.
Máis adiante, Llavaneres resultou ser tamén un bo recuncho para moitos barceloneses que buscaban fuxir temporalmente do núcleo urbano. De aquí a gran cantidade de edificios modernistas da localidade.
Actualmente trátase dun gran foco residencial e turístico.
Demografía
[editar | editar a fonte]| 1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2010 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1.129 | 1.508 | 1.758 | 2.575 | 2.918 | 7.161 | 10.303 |
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Igrexa antiga de Sant Andreu
- Torre Gran
- Torre del Sot
- Ca l'Alfaro
- Cal Tomàs
Festividades
[editar | editar a fonte]- Festa maior: fin de semana máis próximo ao 30 de novembro.
- Festa maior da Minerva: terceiro domingo de xullo.
- Festa do Pèsol (chícharo): fin de semana de abril.
- Mostra Gastronómica do Pèsol: mes de abril.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sant Andreu de Llavaneres |
