Teià
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
| Provincia | provincia de Barcelona | ||||
| Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
| Comarca | Maresme | ||||
| Capital | Teià (en) | ||||
| Contén a división administrativa | Buvisa (en) La Molassa (en) Les Valls (en) Muntanya, la (en) Sant Berger (en) Vallvallida (en) Víctor Font Gual (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 6.898 (2025) | ||||
| Número de fogares | 43 (1553) | ||||
| Lingua oficial | lingua catalá | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 6,6 km² | ||||
| Bañado por | Riera de Teià (en) | ||||
| Altitude | 128 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcaldesa | Èrica Busto Navarro (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 08329 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 08281 | ||||
| Código territorial IDESCAT | 082819 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | teia.cat | ||||
Teià é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Maresme. Está situado na vertente da serra da Marina que limita con Alella, El Masnou e Premià de Dalt.
Historicamente foi un tradicional lugar de veraneo e, nas últimas décadas, creceu considerablemente ao absorber poboación procedente de Barcelona.
Historia
[editar | editar a fonte]
Os restos arqueolóxicos atopados no sitio de Vallmora parecen confirmar que, en tempos dos romanos, Teià foi un dos centros principais de produción vitivinícola dos arredores da Barcino romana.
O documento máis antigo no que se menciona a Teià está datado en 958 e trátase da venda dunha viña no que aparece o topónimo Vila Taliano. Este documento é clave na teoría da orixe romana do nome de Teià que sostén que, a partir do xentilicio Talius ou Talianum, evolucionouse cara a formas como Taliano, Tayano Taya ou Teyá e Taiá ou Teià.
Os Privilexios de Teià foron asinados polo rei Fernando o Católico e polos veciños máis notables do pobo na Corte Real de Salamanca o 21 de novembro de 1505. Os puntos principais destes privilexios eran: Declaración da inseparabilidad perpetua da xurisdición real, regulamento de instauración dos cargos municipais, dependencia xurídica da vigairía de Barcelona e potestade para impor impostos municipais. Pere Noguera foi o primeiro alcalde electo e iniciou unha forma de goberno municipal que durou ata o Decreto da Nova Planta (1714).
En 1769 empezáronse os trámites da construción da igrexa do barrio marítimo de El Masnou, en 1817 creouse a Vigairía Perpetua, separada da de Teià e, finalmente, en 1825 El Masnou segregouse de Teià formando un municipio independente.
Demografía
[editar | editar a fonte]| 1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2006 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1.208 | 1.528 | 1.461 | 2.025 | 2.230 | 5.280 | 6.087 |
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Fons Batllori
Localidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teià |
