Casa Alegre de Sagrera
Coordenadas: 41°33′46″N 2°0′44″L / 41.56278, -2.01222
A casa Alegre de Sagrera é un edificio-museo da rúa da Font Vella, núm. 29, de Terrasa.[1] En orixe, foi a casa natal de Joaquim de Sagrera, fabricante téxtil de finais do século XVIII e comezos do XIX que tivo un papel destacado na Guerra da Independencia española. Malia que data de comezos do século pasado, a súa aparencia actual é o resultado da reforma modernista levada a termo por Melcior Viñals, arquitecto municipal, a comezos do século XX, en tempos dos sucesores do propietario orixinario, Francesc Alegre i Roig e Mercè de Sagrera, xa que quedara moi prexudicada por mor da invasión das tropas napoleónicas. A casa, actualmente unha das seccións do Museo de Terrasa, é un modelo de vivenda da burguesía industrial da época.
Despois de que a mediados do século XX, grazas a unha campaña impulsada pola prensa local e a Xunta Municipal de Museos, se impedise unha reforma drástica do edificio que o modificaría totalmente, a casa Alegre de Sagrera foi adquirida polo Concello en 1973 co apoio da Caixa de Aforros de Terrasa.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Comedor con plafón ornamental de Alexandre de Riquer -
Salón principal -
Galería con vidreiras modernistas -
Vidreiras modernistas -
Fiestra modernista que dá ó patio -
Mural de Joaquim Vancells na escaleira -
Salón con escenas da conquista de México -
Salón co Xuízo de Salomón -
Sala Salvans, cunha colección de porcelanas chinesas -
Escaleira do segundo piso -
Pinturas murais na sala Salvans -
Lavabo -
Galería que dá ó patio -
Placa na fachada da casa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ AADD (2010). Museus i Centres de Patrimoni Cultural a Catalunya. Barcelona: Departament de Cultura de la Generalitat de Catalunya. pp. p. 121. ISBN 84-393-5437-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casa Alegre de Sagrera |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La casa Alegre de Sagrera, Quaderns del Museu de Terrassa, núm. 2; Terrassa, 1997.