Lliçà d'Amunt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lliçà d'Amunt
Imaxe da igrexa de Sant Esteve de Palaudàries
Localización
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaVallès Oriental
Xeografía
Altitude145 msnm
Superficie22,3 km²
Demografía
Poboación14.742 hab. (2015)
Densidade661,08 hab./km2
XentilicioLliçanenc, lliçanenca
Outros datos
Código postal08186
Web do concello

Lliçà d'Amunt é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.

Historia[editar | editar a fonte]

Lliçà d'Amunt aparece por primeira vez documentada no ano 987. O lugar, porén, era habitado dende moitos séculos atrás, coma testemuñan os restos romanos das vilas Ca l'Amell Gros e Santa Justa. Tamén se teñen atopado restos de fornos de cerámica romanos e outros indicios de habitantes noutros lugares do concello.

O nome de Lliçà d'Amunt vese ligado ás parroquias de Sant Julià e Sant Esteve de Palaudàries, que dende as súas orixes formaban parte do dominio feudal de Montbui. Ambas as parroquias son nomeadas no 1059 cando o conde Ramon Berenguer I fixo as paces con Mir Geribert e lle cedeu o feudo de Montbui que el reclamaba como parte da herdanza da súa muller Guisla de Besora, filla do anterior señor feudal dominador da zona: Gombau. Estas parroquias non se separaron máis e foron conformadas como municipio propio no 1836.

Nome[editar | editar a fonte]

Unha hipótese postula co nome do pobo derivaría do nome do patricio romano Lucius. O ano 989 aparece nomeado coma Liciano. En 1174, coma Liziano Superiori. En 1359, como Sant Julia de Llissa sobira.

Lliçà d'Amunt escribiuse antigamente coma Lliçà Sobirà, mentres que Lliçà de Vall foi Licano Subteriore e Liçà Jusà.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]