Olivella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Olivella
Escut d'Olivella.svg
Localización
Localització de Canyelles respecte del Garraf.svg
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaGarraf
Xeografía
Altitude211 msnm
Superficie38,75 km²
Demografía
Poboación3.405 hab. (2010)
Densidade87,87 hab./km²
XentilicioOlivellenc, olivellenca
Outros datos
Código postal08818
AlcaldeJoaquim Mas Rius (ICV)
www.olivella.es

Olivella é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona. Forma parte da comarca do Garraf.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro pequeno núcleo habitado de Olivella xurdiu do Castell Vell cara o ano 992, no monte do Puig Molí. A súa poboación vivía da agricultura de secaño.

Logo destes inicios houbo unha diminución da poboación polo mal funcionamento das colleitas e a devastación pola peste negra.

A partir do século XIV a poboación volveu medrar e foise consolidando pola aparición de diferentes masías preto da vila: Can Suriol, les Piques del Masseguer, Mas Liona, Mas Bargalló, la Crivillera, Can Grau, la Masia del Rector e Can Martí.

Actualmente o municipio compóñeno gran parte destas masías, que aínda se conservan, o núcleo urbano, onde está o concello e a Igrexa Nova, e as urbanizacións, que concentran a maioría da poboación.

Demografía[editar | editar a fonte]

O municipio está formado pola vila de Olivella (313 hab.) e as urbanizacións de Can Surià, Les Colines, Mas Guineu, Mas Mestre, Mas Milà e Plana Novella (3.027 hab). Ademais a histórico poboación de Jafre atópase abandonada.

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 1986 2008
350 233 182 115 111 200 3.123

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Mosteiro budista de Olivella

No concello atopamos o Palau Novella, coñecido tamén como Mosteiro budista do Garraf, unha antiga casa convertida actualmente en mosteiro budista –Sakya Tashi Ling. Atópase na urbanización de Plana Novella, no Parque Natural do Garraf.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]