Dosrius
Dosrius | |||
---|---|---|---|
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | ![]() | ||
Provincia | Barcelona | ||
Comarca | Maresme | ||
Xeografía | |||
Altitude | 147 msnm | ||
Superficie | 40,73 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 5.010 hab. (2010) | ||
Densidade | 123,01 hab/km² | ||
Xentilicio | Dosriuenc, dosriuenca | ||
Outros datos | |||
Código postal | 08319 | ||
Alcalde | Josep Jo i Munné (PSC) | ||
www.dosrius.cat |
Dosrius é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona. Pertence á comarca do Maresme e está situado na zona interior da mesma.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Está situado no interior, no límite comarcal co Vallès Oriental, na cabeceira da riera de Argentona. Ten un relevo accidentado ao estar na Cordilleira Litoral (serra do Corredor). A vexetación predominante son piñeiros e aciñeiras.
Demografía[editar | editar a fonte]
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2006 |
---|---|---|---|---|---|---|
872 | 894 | 921 | 767 | 733 | 2.846 | 4.469 |
Economía[editar | editar a fonte]
A economía do municipio fundaméntase nunha industria moi diversificada pero escasa e na actividade turística. No termo municipal abundan os chalés de segunda residencia, propiedade de habitantes de Barcelona e Mataró. Unha estrada comunica con Llinars del Vallès e con Argentona e Mataró.
Dentro do termo municipal atopamos o pobo de Canyamars, situado nun val entre as serras do Corredor e de Montalt. Predominan as vivendas de segunda residencia.
Lugares de interese[editar | editar a fonte]
- Castelo de Dosrius
- Ermida de Sant Llop (s.XVI)
- Igrexa de Sant Andreu el Far (s.XVII)
- Igrexa de Sant Esteve de Canyamars, gótica (s.X)
- Igrexa de Sant Iscle e Santa Victòria (s.XVI), de estilo gótico e campanario de torre cuadrada.
- Pozo de Glaç.
- Santuario do Corredor (s.XVI)
- Torre das Aigües
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dosrius ![]() |