Calella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre un municipio catalán, para a rúa ou camiño estreito véxase Rúa.

Coordenadas: 41°37′01″N 2°39′51″L / 41.616944444444, 2.6641666666667


Calella
Escut Calella.svg
Far de calella.jpg
Localización
Localització de Calella al Maresme respecte del Maresme.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaMaresme
Xeografía
Altitude5 msnm
Superficie8,01 km²
Demografía
Poboación18.625 hab. (2010)
Densidade2.325,22 hab/km²
XentilicioCalellenc, calellenca
Outros datos
Código postal08370
AlcaldeMontserrat Candini i Puig (CiU)
www.calella.cat

Calella é un municipio español da comarca do Maresme, na provincia de Barcelona, Cataluña. Para diferenciala de Calella de Palafrugell é denominada á veces Calella de la Costa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Calella está localizada 56 km ao norte da cidade de Barcelona, e dista 25 km de Mataró, cabeza da comarca, ao pé do Mar Mediterráneo. O seu termo municipal limita cos concellos de Sant Pol de Mar a suroeste, Pineda de Mar a nordeste, Sant Cebrià de Vallalta a noroeste, e co mar a sueste.

Entidades de poboación[editar | editar a fonte]

O concello de Calella, que se estende por 8,01 km², conta coas seguintes localidades:

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010
4.316 7.886 7.642 9.696 10.751 13.055 18.625

Turismo[editar | editar a fonte]

Nos últimos decenios do século XX Calella sufriu un rápido desenvolvemento turístico, iniciado na década de 1950, e culminado nos decenios que seguiron ao ano 1970.

Os principais afluxos turísticos procederon da Alemaña, de xeito tal que a localidade foi popularmente chamada Calella dos alemáns. A poboación estival chegaba a ser o tripla da que reside no período invernal.

Actualmente o turismo provén principalmente de toda Europa occidental: de Italia e da Gran Bretaña sobre todo, máis tamén de Alemaña, Países Baixos e Francia. Mais acoden tamén numerosos turistas do leste de Europa (Rusia, República Checa, Eslovaquia e Polonia).

Sitios de interese[editar | editar a fonte]

Lugares de interese, ademais das praias, son a praza de El Bunyol, as vellas torres do telégrafo, o Parc Dalmau e o paseo marítimo Manuel Puigverd. Durante o verán hai unha serie de actividades gratuítas para turistas denominadas Calella activa.

Galería fotográfica[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]