Premià de Dalt
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
| Provincia | provincia de Barcelona | ||||
| Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
| Comarca | Maresme | ||||
| Capital | Old Town, Premià de Dalt (en) | ||||
| Contén a división administrativa | Barri del Remei-Castell (en) Buvisa (en) Disseminats de Mar (en) Disseminats de Mar Ponent (en) Disseminats de Muntanya (en) Feliu Vila (en) La Cisa (en) La Floresta (en) Old Town, Premià de Dalt (en) Puig de Pedra-Sot del Pí (en) Santa Anna-Tió (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 10.632 (2025) | ||||
| Número de fogares | 50 (1553) | ||||
| Lingua oficial | lingua catalá | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 6,6 km² | ||||
| Altitude | 143 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Josep Triadó Bergés (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 08338 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 08230 | ||||
| Código territorial IDESCAT | 082303 | ||||
| Sitio web | premiadedalt.cat | ||||
Premià de Dalt é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Maresme. A localidade está situada a uns 20 km de Barcelona.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O municipio está situado nun pequeno val da cordilleira Litoral, orientado ao mar. Limita cos municipios de Teià ao oeste, Vilassar de Dalt ao leste e Premià de Mar ao sur. Os núcleos de poboación máis importantes próximos son Mataró, como capital da comarca, e Barcelona.
Historia
[editar | editar a fonte]Calcúlase que o primeiro antecedente histórico do que hoxe é Premià de Dalt data de finais do século V aC e foi un poboado fundado polos laietanos. Actualmente consérvanse restos dun poboado ibérico no Turó da Cadira del Bisbe que data dos séculos V e I aC
Máis adiante os romanos estableceron unha vila, a Vila Primiliana, da cal deriva o nome actual de Premià. Ata o século XIII a vila era coñecida como Santa Anastasia, a partir de entón foi coñecida como Sant Pere de Premià. A principios dos anos 80 do século XX cambiouse de nome oficialmente a Premià de Dalt.
A actual vila de Premià de Dalt non ocupa todo o territorio que anteriormente abarcaba, anteriormente o municipio chegaba ata o mar, pero en 1836 o seu barrio marítimo se segregó, formando o que hoxe é Premià de Mar.
A partir dos anos 60 do século XX Premià de Dalt empezou a sufrir o cambio máis importante da súa historia coa construción de residencias de veraneo, esta construción segue hoxe día pero xa non enfocada a casas de verán senón a residencias para persoas que viven en Premià pero traballan en Barcelona.
Demografía
[editar | editar a fonte]| 1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2006 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1.199 | 1.028 | 1.134 | 3.037 | 5.209 | 8.869 | 10.064 |
Economía
[editar | editar a fonte]As principais actividades económicas de Premià de Dalt son as relacionadas con fabricación de material de construción, outro sector importante pero en franca decadéncia é o téxtil. En agricultura especializouse no cultivo de flores e plantas ornamentais en invernadoiro.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Sant Pere
- Ermida románica de Sant Mateu
- Santuario da Mare de Déu de La Cisa
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Vista xeral
- Capela de Santa Anna
- Can Figueres
- Igrexa de Sant Pere
- Can Xarrié
- Can Xarrié
- Rectoría, antigo concello
- Ponte da Rectoría
- Casa da familia Botey
- Masía de Can Coromines
- A casa do Terçó
- Can Werboom, antigo mas Partellà.
- Detalle da portalada de Can Werboom
- Fachada de Can Werboom
- Masía de Can Coromines
- A Sínia
- Mural en homenaxe a Valerià Pujol i Bosch.
- IES Valerià Pujol i Bosch.
- Praza Jordi Pujol.
- Bilioteca Jaume Perich i Escala.
- Monument ao 11 de setembro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Premià de Dalt |
