Manlleu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Manlleu
Escut de Manlleu.svg
Localización
Localització de Manlleu respecte d'Osona.svg
País España España
Comunidade autónoma Cataluña Cataluña
Provincia Barcelona
Comarca Osona
Xeografía
Altitude 460 msnm
Superficie 17,20 km²
Demografía
Poboación 20.450 hab. (2010)
Densidade 1.188,95 hab/km²
Xentilicio Manlleuenc, manlleuenca
Outros datos
Código postal 08328
Alcalde Pere Prat
www.manlleu.cat

Manlleu é un municipio español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Pertence á comarca de Osona. Ten unha poboación de máis de 20.000 habitantes e unha superfície de 17,2 km².

O río Ter definiu os límites da paisaxe do término así como o seu desenvolvemento urbano.

A creación do Canal industrial de Manlleu entre os anos 1841 e 1848 impulsou o inicio do desenvolvemento económico da comarca. A actividade industrial, que ocupa preto dun 60% da poboación activa, forxou a personalidade da poboación durante máis de 150 anos.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008
5.823 6.547 7.294 13.169 15.904 17.520 20.450

Economía[editar | editar a fonte]

A agricultura e a gandería perderon hoxe a importancia que tiveron noutras épocas. O sector principal da economía é o industrial, moi diversificado (metalúrxica, alimentaria, química...). A industria téxtil, que foi a actividade básica nos séculos XIX e XX, desapareceu co peche nas décadas de 1980 e 1990 das grandes fábricas de fiaturas.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • Igrexa románica de Santa María
  • Ponte de Can Molas sobre o Ter
  • Praza porticada de Fra Bernardí
  • Ermida de San Xaime
  • Santuario de Puig-agut
  • Igrexa románica de Sant Julià de Vilamirosa
  • Igrexa románica de Vilacetrú
  • Museo Industrial do Ter
  • Museo Municipal de Manlleu
  • Cau Faluga
  • Passeig del Ter

Cidadáns ilustres[editar | editar a fonte]

Non nacidos en Manlleu, pero con raíces nela:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]