Serra do Cando
Aparencia
| Tipo | serra Lugar de importancia comunitaria espazo natural protexido Zonas de especial protección dos valores naturais | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | España | |||
| ||||
| Características | ||||
| Superficie | 5.484,40986 ha | |||
| World Database on Protected Areas | ||||
| Identificador | ||||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 2004 | |||
A serra do Cando é unha serra galega pertencente á cordilleira dorsal galega que ten montes a unha altura media de entre 600 e 1.000 metros sobre o nivel do mar. Esténdese polos concellos de Cerdedo-Cotobade, Forcarei, A Lama e Beariz. Está unida á serra do Candán polos montes de Costoia. Nesta serra nacen os ríos Verdugo e Almofrei. É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).
A vexetación da serra son as xestas, o mato de toxos, breixos e carqueixas. Hai importantes plantacións de piñeiro e eucalipto. Existe un ecosistema de gran valor nos altos da serra, así como nas carballeiras do río Verdugo e os seus afluentes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1
