Costa de Dexo-Serantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°23′57″N 8°19′39″O / 43.3992, -8.3275

Costa Dexo
Faro de Mera, Oleiros.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC, Monumento natural
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 346.53 ha. (15% de área mariña)
Lexislación: Monumento natural o 10 de maio de 2000, LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: A Coruña
Concellos: Oleiros
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:
Porto de Lorbé.
Gaivota patiamarela na costa de Dexo.

A Costa de Dexo, ou Dexo-Serantes, é un espazo natural declarado monumento natural e zona especial de conservación (ZEC) que vai desde o faro de Mera ata o porto de Lorbé en Oleiros.[1][2][3][4] É zona de costa de 11 km con cantís, exposta e con matogueiras acostumadas a ambientes halinos e con fortes ventos, que inclúe a todas as illas e illotes próximos á costa.[5] É unha costa de xistos cristalinos e de rochas metamórficas de fácil erosión cun perfil de cantís serrados e fortemente erosionados, con praias encaixadas.[6]

Este espazo costeira é dos poucos ben conservados en toda a Costa Ártabra. Como destaca pola súa paisaxe, a súa xeomorfoloxía, e é zona de aniñamento de aves como corvo mariño cristado, a gaivota do Caspio, e o andoriñón real declarouse espazo de interese de conservación e monumento natural. A zona costeira neste lugar está formada por cantís nos que aniñan varias especies de aves mariñas.

Abrangue 266 ha. como monumento natural desde o 2000[7], e 346.53 ha. como zona especial de conservación en 2014, despois de ser declarada como lugar de importancia comunitaria no 2004.[4]

A zona viuse afectada polo desastre do Prestige (2002).

Hábitats e flora[editar | editar a fonte]

O litoral ten furnas mariñas e arrecifes, así como bancos de area con auga mariña a pouca profundidade. As calas do litoral algunha é grande e de pouca fondura. A vexetación deste litoral destaca é de argazos e a vexetación perenne nos coídos. A flora dos cantís é a propia de rexións atlánticas e bálticas. Na costa hai pequenos mananciais petrificantes e algún rego basal, con vexetación de ranúnculos somerxidos. Os rochedos do litoral, que son silíceos, teñen vexetación casmófita.[4]

Ten queirogais como Erica ciliaris e Erica tetralix, propios de zonas húmidas atlánticas, e outros de solos secos. No litoral hai estepas de gramíneas e prados en solos con turba ou arxila con Molina careulea ou xuncos. Outros prados son de sega baixa con Alopecurus pratensis ou Sanguisorba officinalis. Os montes aluviais son de freixos, Fraxinus excelsior, e ameneiros, Alnus glutinosa.[4]

Fauna[editar | editar a fonte]

Anfibios e réptiles[editar | editar a fonte]

As especies de anfibios e réptiles do Anexo II da Directiva 92/43/CEE presentes no espazo son:

Mamíferos[editar | editar a fonte]

As especies de mamíferos do Anexo II da Directiva 92/43/CEE presentes no espazo son:

Aves[editar | editar a fonte]

Algunhas aves presentes no espazo son:

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]