Serra da Martiñá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A serra da Martiñá é unha pequena serra encadrada na dorsal galega, moi preto da serra do Faro, entre as provincias de Lugo e Ourense. Xeoloxicamente está conformada principalmente por granitos.

As importantes diferenzas de altitude favorecen a presenza de diferentes ecosistemas: bosques caducifolios nas abas e turbeiras nos cumios.

O punto de maior altitude é o monte Martiñá (tamén coñecido como O Castro), con 1042 metros sobre o nivel do mar.

A Martiñá na cultura popular[editar | editar a fonte]

A serra da Martiñá aparece mencionada en catro ocasións no poemario de Ramón Otero Pedrayo Bocarribeira:

Na terceira estrofa, nunha mostra de hilozoísmo, o vieiro pregúntalle á nabeira:

¿De onde ves, meu vello?
Veño do Ribeiro...
E cara onde vas?
Vou prá Martiñá...

Estrofa 11:

Achega lume ó Paraño!
-fala o Avión á Martiñá-
que prá bica do poente
hei de acender de mañá.

Estrofa 15:

Pousou nos soutos da Torre
o vento da Martiñá.

Estrofa 43:

Neve, nevisca, neviña
folerpa da Martiñá.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.