Cordal de Montouto
O cordal de Montouto é unha importante elevación divisoria das provincias da Coruña e Lugo, entre os concellos de Aranga e Guitiriz.
Características[editar | editar a fonte]
A súa máxima altura é a Pena de Uce de 734 metros. Divide as concas do río Parga e o río Mandeo e vén sendo unha prolongación da serra da Loba. Existen varias mámoas e nas súas inmediacións está a rústica ermida de San Vitorio e a pegada de Roldán. As fragas do barranco da Loba e Rego da Palanca, no val do Cambás, son dunha notable extensión e atesouran unha variada riqueza botánica.
O río Cambás é un afluente que alimenta o río Mandeo. Con todo, e inda que está a unha relativa proximidade ás fragas do Eume, carece dunha figura de protección ambiental.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
|
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1