Serra do Careón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Serra de Careón")

Coordenadas: 42°55′17″N 7°57′20″O / 42.9214, -7.9556

Serra do Careón
Serra do Careón.
Marco Legal
Figura de Protección: LIC, ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 6661.68 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Provincia da Coruña, con algunha rexións da Provincia de Lugo e Provincia de Pontevedra
Concellos: Friol, Melide, Palas de Rei, Toques e Santiso
Ríos: río Narla, río Pambre, o río Seco, río Furelos
Picos Monte Careón
Direccións de interese:
Teléfonos:


Serra do Careón.

A serra do Careón é un espazo natural protexido como LIC e ZEC que abrangue as concas dos río Furelos e Seco ata que chegan ao río Tambre polo sur. Así é que a maior área do espazo está nos concellos de Toques, Melide e Santiso, na Terra de Melide. Ten parte na áreas próximas da comarca da Ulloa e de Lugo: en Friol e Palas de Rei.[1][2][3][4][5]

Como así o recoñece o Instituto Xeolóxico e Mineiro, este espazo destaca por ser o máis extenso afloramento de rochas ultrabásicas na península Ibérica, que vai desde Sobrado ata o sur de Melide, e catalogouse como o PIG C-17: Pregamentos tombados no complexo ultrabásico de Melide. Destacan tamén a súas extensas áreas de matogueiras, como nas Gándaras de Melide.[4][6]

Xeoloxía e hábitats[editar | editar a fonte]

Cunha altitude media de 550 metros e máxima de 798 metros, no Monte Careón. Dominan os granitos de dúas micas e intrusivos, gneis de "ollo de sapo" e xistos. Nesta serra nacen o río Narla, afluente do Miño, e o río Pambre, o río Seco ou o río Furelos, afluentes todos tres do río Ulla.

Forma parte da dorsal galega.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]