Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós
Coordenadas: 42°31′36″N 7°13′06″O / 42.5268, -7.2183
Dobramento de Campodola-Leixazós | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Monumento natural, LIX, Geosite | ||
Ano de constitución: | 2012 | ||
Superficie: | 90 ha. | ||
Lexislación: | Monumento natural o 26 de abril de 2012 | ||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | Lugo | ||
Concellos: | Quiroga | ||
Ríos: | río Ferreiriño | ||
Picos | Pena Falcoeira e Pena das Franzas | ||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
O dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós é un dobramento recorrente nas montañas do Courel, en Quiroga, que se formou no carbonífero.[1]
Este elemento xeolóxico foi catalogado como monumento natural e ocupa un espazo de 90 hectáreas entre os lugares de Campodola, O Hospital, e Leixazós, Pacios da Serra. É ademais un Geosite español e parte do Xeoparque das Montañas do Courel.
Descrición
[editar | editar a fonte]Consiste nun gran dobramento que ten o seu corte transversal exposto á superficie debido aos procesos de erosión e de encaixe do río Ferreiriño e que se conserva desde o Carbonífero Inferior. O dobramento está deitado, é un pregamento tombado, e cunha orientación cara ao norte.
A súa zona central non mostra case modificacións desde a súa formación e ten uns flancos de entre 10 e 12 km. Adscríbese á zona zona centroibérica, que é o dominio do ollo de sapo, ocupando a posición máis setentrional.[1][2] O perfil exposto mostra a evolución dun sinclinal a un pregamento tombado.[3]
Lexislación
[editar | editar a fonte]Este espazo de interese xeolóxico foi declarado como monumento natural en 2012[1] e atópase dentro do ZEC "Ancares-Courel".[4]
Está catalogado como lugar de interese xeolóxico español desde 1983[5] e como Geosite desde 2011[6].
Está incluído dentro do Xeoparque das Montañas do Courel, declarado en 2019 pola UNESCO.[7]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Cabeceira da ribeira do río Ferreiriño ao pé do dobramento no seu comezo.
-
Vista central do dobramento. Á esquerda, os eixes de flexión en horizontal, os cales indican a presenza dun pregamento deitado. No centro cara a dereita o flanco inverso e á dereita cara o leito fluvial o flanco normal.
-
Eixes de flexión á esquerda e o flanco inverso do pregamento á dereita.
-
Por riba do pregamento estivo presente un pregamento anticlinal, agora desaparecido pola erosión e que fixo que se poida ver.
-
Flanco normal no centro do pregamento.
-
Campodola ao pé do dobramento, e por onde continúa o río Ferreiriño.
-
Dobramento menor no flanco inverso do sinclinal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós". Consultado o 7/5/2019.
- ↑ "DECRETO 120/2012, do 26 de abril, polo que se declara monumento natural o pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós (Quiroga). Decreto do DOG nº 86 do 2012/5/7 - Xunta de Galicia". Consultado o 7/5/2019.
- ↑ "Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós". Patrimonio Galego. Consultado o 7/5/2019.
- ↑ Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Ancares-Courel". Consultado o 7/5/2019.
- ↑ Instituto Minero y Geológico de España (eds.). "CI015b: Pliegues tumbados de la Sierra del Courel en Campodola". Consultado o 7/5/2019.
- ↑ "Lugares de Interés Geológico Españoles de relevancia internacional (Geosites)" (PDF). Xaneiro 2011. Consultado o 7/5/2019.
- ↑ "Gallery: Courel Mountains UNESCO Global Geopark Spain". Arquivado dende o orixinal o 22/11/2019. Consultado o 7/5/2019.