Convención para a protección ambiental mariña do Atlántico Nordeste
A Convención para a protección ambiental mariña do Atlántico Nordeste ou Convención OSPAR[1] é un convenio de regulación da cooperación internacional e de protección dos ecosistemas mariños da zona nordeste do océano Atlántico.[2][3][4][5] O seguimento e traballo baixo o amparo do convenio está xestionado pola Comisión OSPAR. Esta comisión componse de representantes dos 15 gobernos asinantes e da comisión europea, en representación da Unión Europea.[2][5]
A Convención OSPAR asinouse en París o 22 de setembro de 1992. Supuxo a unión e actualización da Convención de Oslo, que regulaba o lixo mariño nos océanos, e a Convención de París de 1974 sobre do uso de recursos terrestres con impacto contaminante no mar. O nome do convenio é a combinación de Oslo e París.[3][4][5]
Esta convención supuxo un cambio no xeito de protexer os ambientes mariños pois intenta regular todas as fontes de polución mariña nun único marco instrumental.[6]
Historia
[editar | editar a fonte]O buque de transporte de petróleo Torrey Canyon afundiu en 1967 verteu 117 mil toneladas de petróleo no Atlántico norte, provocando un enorme impacto ambiental. Ese afundimento iniciou as conversas internacionais e levou á sinatura do Acordo de Bonn de 1969 para cooperar en relación ás verteduras de petróleos neste océano.[3]
Unha seguinte convención internacional, celebrada en Oslo en 1972, tratou a temática da polución mariña pola liberación nas augas de verteduras de residuos da frota naval e aérea. O convenio resultante entraría en vigor no 1974. Así mesmo, nese ano outra convención en París avanzou debatendo a polución con orixe terrestre que chega ao medio mariño, xa que son unha fonte de verteduras con efectos nocivos nas augas mariñas. Esa convención de París asinouse ese ano e entrou en vigor en 1978.[3]
En París o 22 de setembro de 1992 xuntáronse as convencións de Oslo e París de xeito conxunto para a ratificación dun novo acordo. Ese novo tratado internacional creou un novo acordo coa finalidade de protección do medio mariño do atlántico norte. O novo acordo, "Convención para a protección dos ambientes mariños do nordeste atlántico", ou convenio OSPAR, que combina o nome dos dous convenios anteriores, foi ratificada por 15 estados e a Unión Europea. Os estados asinantes foron Alemaña, Bélxica, España, Finlandia, Francia, Holanda, Irlanda, Islandia, Noruega, Portugal, o Reino Unido, Suecia e a Unión Europea. Ademais destes, ratificáronos tamén Luxemburgo e Suíza. No caso de Finlandia, inda que non é un país con territorio na costa leste atlántica europea, si ten ríos que flúen cara ao mar de Barents. Así mesmo, fora un país activo en canto a participación nos proxectos de redución do lixo no Atlántico norte nas décadas anteriores. Do mesmo xeito, Luxemburgo e Suíza non son países costeiros. Porén, as augas fluviais do río Rin, que desemboca no Atlántico, si pasa por eles.[3]
Cada estado foi ratificando os acordos da convención ata aprobarse a súa entrada en vigor o 15 de marzo de 1998. Con iso, finalizou a vixencia dos acordos de París e Oslo de 1974. A primeira comisión de seguimento ministerial da comisión OSPAR produciuse en Sintra, Portugal, en 1998. Nesa xuntanza aprobaron a extensión da cooperación a "todas as actividades humanas que puidesen afectar de xeito perxudicial ás áreas dos ecosistemas mariños do nordeste Atlántico". A estratexia alí establecida marcouse na liña de protexer e conservar os ecosistemas e a biodiversidade mariña, reducir as substancias nocivas vertidas e as radioactivas, a eutrofización e en conseguir varios retos de xestión ambiental en altamar.[3]
Malia a ese acordo, algunhas medidas da convención non poden ser aplicadas dentro do marco desta. Competen aos acordos dos estados europeos no nordeste atlántico e atlántico norte dentro do marco do Consello internacional da Exploración do Mar (ICES).
Áreas de traballo
[editar | editar a fonte]A OSPAR ten unha estratexia de aplicación definida no libro "Estratexia ambiental do Atlántico Nordeste 2010-2020". Nel defínense como aplicar a aproximación de ecosistemas (definidas nunha primeira estratexia de actuación), e cinco temas de actuación (segunda estratexia de actuación), que son[7]:
- a eutrofización,
- substancias perigosas,
- substancias radioactivas,
- a produción de gas e petróleo en altamar,
- biodiversidade e ecosistemas.
Áreas Mariñas Protexidas pola OSPAR
[editar | editar a fonte]Dentro da augas competencia da OSPAR decláranse áreas mariñas protexidas.[8][9]
As áreas mariñas protexidas propóñenas os estados membros que teñen competencia sobre das súas augas dun xeito xurisdicional, ben por ser o estado soberano desas augas ou por estar dentro da súa zona económica exclusiva. Ademais destas, pódense declarar áreas fóra das xurisdición de calquera estado membro por acordo dos países.[9]
A convención tiña declaradas en 2020 493 áreas mariñas protexidas. As áreas dentro da soberanía dos países membros supoñen a protección de 181394,8 km2 e dentro da súas zonas económicas exclusivas 196,096.2 km2. Outras 7 áreas mariñas protexidas están fóra das desas áreas de competencia e supoñen outros 464,839.7 km2 dos espazos protexidos da OSPAR.[10] Estas áreas mariñas protexidas son[9]:
Nome AMP |
---|
Complexo de monte submarino de Milne |
Charlie-Gibbs Sur |
Altamar do monte submarino Altair |
Altamar do monte submarino Antialtair |
Altamar do monte submarino Josephine |
Altamar do mar do norte dos Azores |
Altamar norte de Charlie-Gibbs |
En canto ás áreas OSPAR declaradas e vencelladas ao territorio de España, existen os seguintes áreas mariñas protexidas[9]:
Nome AMP |
---|
Illas Atlánticas de Galicia |
El Cachucho |
Banco de Galicia |
Espazo mariño de Cabo Peñas |
Espazo mariño da Baía de Cádiz |
Espazo mariño da Costa da Morte |
Espazo mariño da Costa de Ferrolterra - Valdoviño |
Espazo mariño da Ría de Mundaka-Cabo de Ogoño |
Espazo mariño das Rias Baixas de Galicia |
Espazo mariño dos Illotes de Portios - Illa Conejera - Illa de Mouro |
Espazo mariño de El Tinto y del Odiel |
Espazo mariño de Punta de Candelaira - Ría de Ortigueira - Estaca de Bares |
Golfo de Cádiz |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ En inglés Convention for the Protection of the Marine Environment of the North-East Atlantic e en francés Convention pour la protection du milieu marin del'Atlantique du Nord-Est.
- ↑ 2,0 2,1 OSPAR Commission (eds.). "OSPAR Convention". Consultado o 08/04/2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 OSPAR Commission (eds.). "OSPAR Convention" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02/05/2020. Consultado o 27/01/2021.
- ↑ 4,0 4,1 United Nations: Treaties Collections (eds.). "Registration Number 42279: Convention for the protection of the marine environment of the North-East Atlantic". Consultado o 08/04/2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Unión Europea (eds.). "Comisión Europea". Consultado o 08/04/2020.
- ↑ Philippe Sands (2003). Cambridge University Press, eds. Principles of International Environmental Law. ISBN 9780511813511. doi:10.1017/CBO9780511813511.
- ↑ OSPAR Commission (eds.). "OSPAR Work Areas". Consultado o 08/04/2020.
- ↑ OSPAR Commission (eds.). "OSPAR Marine Protected Areas". Consultado o 08/04/2020.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico, Goberno de España (eds.). "Biodiversidad Marina: Espacios protegidos por instrumentos internacionales". Arquivado dende o orixinal o 13/04/2020. Consultado o 08/04/2020.
- ↑ OSPAR Commission (eds.). "OSPAR MPA database". Consultado o 08/04/2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Texto completo do Convenio OSPAR en Euro-Lex
- Visor cartográfico das Áreas Mariñas Protexidas da OSPAR.