Serra da Capelada
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Serra e A Capelada.
Tipo | montaña ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Europa ![]() | |||
División administrativa | provincia da Coruña, España ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 613 m ![]() | |||

A serra da Capelada é unha serra galega localizada na provincia da Coruña, concretamente nos concellos de Cedeira e Ortigueira e sobre todo na parte occidental do concello de Cariño, a rentes do océano Atlántico con elevados cantís, un dos cales é considerado o acantilado máis alto da Europa continental, con máis de 600 metros de caída. A serra remata no cabo Ortegal. Tres son os montes principais desta serra: o monte Herbeira (613 m), o monte Limo (558 m) e mais o monte Miranda.
Está considerada unha serra de enorme importancia para o estudo xeolóxico.