Serra do Galleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista da serra do Galleiro desde Vilar de Infesta (Redondela), a carón da pista de aterraxe do aeroporto de Peinador.

A serra do Galleiro é un cordal galego situado ao leste do municipio de Vigo, que abrangue terras dos concellos de Pazos de Borbén, Mos e Ponteareas. Esténdese de norte a sur en paralelo á depresión Meridiana, ao leste da mesma. Na vertente oeste ten o río Louro, namentres que pola leste corre o río Tea. O seu pico máis alto é o Couto do Lobo, con 743 metros sobre o nivel do mar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]