Macizo do Forgoselo
| Tipo | cordilleira | ||
|---|---|---|---|
| Localización | |||
| División administrativa | Galicia, España | ||
O macizo do Forgoselo, na comarca das Pontes é unha cordilleira montañosa de rocha granítica principalmente, e con presenza de lousas e cuarcitas na cara oeste da serra, no monte das Louseiras. A cordilleira está composta por veigas de importante valor ecolóxico e xeolóxico[1]. Na vexetación do monte homónimo predominan as queirugas. O macizo esténdese de oeste a leste polos concellos de Neda, San Sadurniño, A Capela e As Pontes de García Rodríguez. O outro monte do macizo é o monte Fontardión.[2] Os puntos de maior altura son o alto de Racamonde con 542 metros sobre o nivel do mar, e a pena do Escoitadoiro, situada a 518 msnm[3]. Na serra abundan os cabalos ceivos, o gado bóvido baseado en vaca rubia galega, as lebres, os coellos, xabariles, cervos, corzos, raposos, ourizos ou lobos. Nas brañas atopamos numerosas especies de anfibios e insectos, así como gran cantidade de especies vexetais adaptadas a este tipo de lugares húmidos e frescos. A árbore predominante, aínda que escasa por ser unha zona deforestada durante séculos para a explotación animal, é o piñeiro, que nos últimos tempos estase a ver afectado por unha praga.
A relación do home coa cordilleira data da prehistoria, e as actividades humanas modificaron notablemente o ecosistema, existindo restos megalíticos tales como as mamoas, e sendo a deforestación con motivos agropecuarios realizada na Idade Media ou antes, a principal razón da existencia das veigas e brañas existentes a día de hoxe na serra. Na actualidade destaca a creación de pistas para coches sobre os antigos camiños, a presenza de eólicos ao longo da cordilleira, os valados, xa señan en tradicional pedra como os presentes no lugar de Racamonde, ou os realizados de arame máis modernos. Tamén se ten celebrado nos distintos curros da zona a ¨Rapa das Bestas¨.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Que ver nas Pontes Arquivado 14 de abril de 2015 en Wayback Machine., en eumeturismo.org.
- ↑ O CONTORNO DAS FRAGAS DO EUME: OUTROS HÁBITATS DE INTERESE Arquivado 09 de xuño de 2013 en Wayback Machine., artigo de Carlos Vales publicado en Cátedra. Revisa eumesa de estudios. p. 235.
- ↑ Paisaxe de San Sadurniño, na páxina do Concello.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- VALES, C. Forgoselo, Espacio Natural. Bahia Edicións, 1992. A Coruña.