Serra da Loba
Aparencia
Tipo | serra ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Europa ![]() | |||
División administrativa | As Pontes de García Rodríguez, España, Xermade, España e Monfero, España ![]() | |||
| ||||
A serra da Loba é unha serra galega localizada dentro da cordilleira dorsal galega. Fai fronteira entre as provincias de Lugo e da Coruña, a partir da depresión das Pontes de García Rodríguez até os nacentes dos ríos Mandeo e Labrada, que ao tempo a separan da cordal de Montouto.
Está conformada por rocha granítica de dúas micas, gneis ollo de sapo, xistos migmáticos e granito intrusivo.
O punto de maior altitude é a pena Verde, con 709 metros sobre o nivel do mar.
Ten unha extensión 20 km
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1