Serra do Cabreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A serra da Cabreiro é unha prolongación cara ao suroeste da serra dos Cabalos, ambas as dúas pertencentes ás serras orientais de Galiza. Está localizada entre os ríos Soldón e Vilarmel. Dos seus cimos baixan diversos afluentes do primeiro, o río Soldón, e un deles, o río Caroceiro, forma unha seimeira de máis de 40 metros de caída que soamente é visíbel en época de chuvias. O punto de maior altitude da serra é o alto do Cabreiro, con 1.388 metros sobre o nivel do mar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]