Saltar ao contido

Reserva da biosfera Río Eo, Ozcos e Terras de Burón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaReserva da biosfera Río Eo, Ozcos e Terras de Burón
Imaxe
TipoReserva da biosfera
espazo natural protexido
Zonas de especial protección dos valores naturais Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaEspaña Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°25′30″N 7°09′04″O / 43.425, -7.151
Características
Superficie971,00761 ha Editar o valor en Wikidata
Reserva da biosfera  
IdentificadorEntrada: en.unesco.org… Editar o valor en Wikidata
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 349683 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación19 de xuño de 2007 Editar o valor en Wikidata

A Reserva da Biosfera Río Eo, Ozcos e Terras de Burón,[1] oficialmente Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón,[2] é unha reserva da biosfera dentro do programa MAB da UNESCO e que abrangue os concellos de Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz en Galicia, e de Castropol, A Veiga, Taramundi, Santiso de Abres, Vilanova de Ozcos, Santalla de Ozcos e San Martín de Ozcos en Asturias. Ten unha extensión de 15.958,89 km²[3] e inclúe a máis da totalidade da cunca do río Eo dende o seu nacemento en Fonteo ata a súa desembocadura na ría de Ribadeo, a propia ría e boa parte das cuncas que nela desembocan, así como anacos das cuncas dos ríos Miño, Navia e Porcía, encadrando unha unidade de biodiversidade, cultural e patrimonial.[4] Cando foi designada, a zona tiña unha poboación de 32 974 habitantes, se ben case tódolos municipios observan decrecemento de poboación.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Vista do final da ría de Ribadeo (xa ría de Abres), na parte norte da reserva.

Inclúe a Reserva Natural Parcial da Ría de Ribadeo, as zonas especiais de conservación (ZEC) de Penarronda-Barayo (parcialmente), ría de Ribadeo, Río Eo e Cunca do Augüeira, Zona de especial protección para as aves Penarronda-Barayo e Ría de Ribadeo, incluíndo a zona húmida Ramsar Ría de Ribadeo e o monumento natural da praia de Penarronda[5].

Foi declarada o 19 de setembro de 2007 pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) dentro do programa MaB (Home e Biosfera).

O 11 de decembro de 2013 asinouse o Protocolo de Colaboración para a Coordinación da Xestión[6].

  1. Ozcos é o topónimo en galego segundo se indica no Portal da Lingua Galega e outras fontes. Ver Áreas galegofalantes fóra de Galicia ou Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Editorial Galaxia, ed. Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. ISBN 9788482887524. 
  2. ANUNCIO do 28 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se fai público o Plan de xestión da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón.
  3. United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization. "Río Eo, Oscos y Terras de Buron". www.unesco.org. Consultado o 19/1/2016. 
  4. "Real Decreto 342/2007, de 9 de marzo, por el que se regula el desarrollo de las funciones del programa MaB, así como el Comité Español del citado programa, en el organismo autónomo Parques Nacionales.". BOE (72): 12858 a 12860 (3 páxs.). 24 de marzo de 2007. 
  5. "Reserva de la Biosfera de la Ría del Eo, Oscos y Tierras de Burón" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de outubro de 2020. Consultado o 19 de maio de 2021. 
  6. "Anuncio do DOG nº 8 do 2016/1/14 - Xunta de Galicia". www.xunta.es. Consultado o 19/1/2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]