Ría de Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°44′11″N 7°49′30″O / 43.73639, -7.82500

Vista da ría en preamar desde o porto de Ortigueira.
Localización da ría de Ortigueira.

A ría de Ortigueira, tamén coñecida como ría de Ortigueira e Ladrido[1] e como ría de Santa Marta de Ortigueira,[2] é unha ría galega situada ao norte da provincia da Coruña, en Galicia, España.

É un importantísimo lugar de paso e invernada de aves acuáticas polo que está inscrita no Convenio de Ramsar, no Inventario de zonas húmidas de Galicia,[3] e no Rexistro xeral de espazos naturais de Galicia[4]

Está considerada como unha ZEPA (Zona de especial protección para as aves) e como un LIC (Lugar de importancia comunitaria).

Está formada pola desembocadura do río Mera, as súas augas bañan os concellos de Cariño e Ortigueira. Debe o seu nome á vila de Ortigueira, e conta con dous portos pesqueiros, o de Espasante, actualmente sen apenas actividade pesqueira, e o de Cariño, moito máis importante.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A ría vista desde a serra da Capelada.

A ría de Ortigueira áchase encaixada entre a serra da Capelada polo oeste e a da Coriscada polo leste. Ambas as serras discorren case paralelas en dirección nordeste e culminan no mar Cantábrico, entre os cabos Ortegal e Estaca de Bares respectivamente.

A ría ocupa un vasto e serpenteante estuario creado polo río Mera. Na súa marxe oriental áchase o río Baleo, que á súa vez forma a pequena ría de Ladrido, que toma o seu nome da parroquia de Ladrido, situada ao pé da súa desembocadura.

As súas auguas bañan os municipios de Ortigueira e Cariño.

Ten uns 10 km de lonxitude, unha anchura máxima de 3 km e o seu calado é tan reducido que se baleira case por completo durante a baixamar, deixando exposta unha amplísima chaira intermareal na que predominan os limos e fangos nos seus tramos alto e medio e os fondos areosos no seu tramo final, nas inmediacións da praia de Morouzos.[2]


Panorámica da ría de Ortigueira.

Climatoloxía[editar | editar a fonte]

O clima da ría de Ortigueira é oceánico, con temperaturas suaves en verán e invierno e chuvias moi abundantes, normalmente superiores aos 1 000 mm de precipitación media anual.

A humidade relativa é alta durante todo o ano e a temperatura media anual rolda os 13º C.[5]

Durante os meses que van de xuño a outubro predominan os vientos de dirección nordeste.[6]. Son ventos cálidos que chegan desde o mar cargados de humidade e que arrefrían ao ascenderen ás serras costeiras. Trátase do efecto Föhn: o rápido arrefriameniento condensa o vapor de auga e xera un manto nuboso de estancamento (nube orográfica) a baixa altitude, moi típico dos veráns de toda a costa norte galega, que deixa temperaturas moi suaves e frecuentes, aínda que débiles, precipitacións na marxe de barlovento das serras.

Flora[editar | editar a fonte]

Fento común (Pteridium aquilinum).

Como no resto do litoral de Galicia, o bosque autóctono desapareceu practicamente das sús ribeiras debido ao monocultivo de eucalipto, aínda que sobreviven pequenos parches nos que proliferan os salgueiros, bidueiros, castiñeiros, carballos, etc.

No sotobosque abundan as silvas (Rubus lusitanicus) e varias especies de fentos con preponderancia do fento común (Pteridum aquilinum), mentres que na matogueira as especies predominantes son os toxos (Ulex europaeus) e a xesta (Cytisus scoparius).[7]

Ao longo das beiras e nos illotes que non quedan cubertos na preamar medran xuncos (Scirpus holoschoenus e Juncus acutus principalmente) e a principios da primavera, nas zonas sombrías e encharcadas, florecen milleiros de exemplares de lirio amarelo (Iris pseudacorus).

Na chaira intermareal podemos encontrar pradeiras de Zostera sp (cebas) e multitude de especies de algas como, por exemplo, Chondrus crispus, Gelidium sesquipedale, Laminaria ochroleuca e Codium tomentosum.[8]

Por último, os topónimos Ortigueira,[9] e Ortegal (de orixe latina) fan referencia á abundancia de ortigas, que de feito seguen a ser moi abundantes e utilizadas tradicionalmente nesta zona polas súas virtudes terapéuticas e gastronómicas.

Fauna[editar | editar a fonte]

Londras no porto de Ortigueira.

Mamíferos[editar | editar a fonte]

Londra, corzo, xabaril, teixugo, raposo, marta, denociña, esquío, morcego orelludo común, rato de auga, etc.

Aves[editar | editar a fonte]

A ría de Ortigueira é unha das zonas húmidas máis importantes de Galicia e constitúe un santuario para un gran número de especies de anátidos, limícolas e garzas que pasan o inverno ao seu abeiro. Outras moitas especies fac escala nas súas ribeiras durante os seus tránsitos migratorios de primavera e outono. (Ver lista máis abaixo).

Anfibios e réptiles[editar | editar a fonte]

Rela europea, ra vermella, tritón ibérico, píntega común, salamántiga galega, víbora de Seoane e lagarto das silveiras.

Resulta sorprendente a existencia dunha colonia de lagarta da serra (Iberolacerta montícola) a nivel do mar, en pleno casco urbano de Ortigueira.

Aves observadas[editar | editar a fonte]

A continuación, dase unha relación das especies presentes na ría de Ortiguieira ao longo do ano:

Parella de lavancos: ♂ á esquerda, ♀ á dereita.
Especies sedentarias
azor común azulenta común carrizo chasco común Cisticola juncidis
corvo grande corvo pequeno curuxa común escribenta común escribenta riscada
estreliña común falcón peregrino ferreiriño rabilongo gabeador común gabián común
gaivota patiamarela galiña de río lavandeira branca lavanco liñaceiro común martiño peixeiro
Melanitta nigra merlo acuático merlo común miñato común paporroibo paporrubio real
papuxa cabecinegra papuxa das amoras pardal comúnpega pega rebordá perdiz común
peto verde peto real pimpín común pombo torcaz rabirrubio tizón rula turca
verderolo común xílgaro


Especies invernantes
avefría asubiador bilurico bailón bilurico común bilurico patirrubio bilurico pativerde
carrán ártico carrán común carrán cristado cerreta corvo mariño cristado corvo mariño real
cullereiro cullerete estorniño negro estorniño pinto gabita común gaivotón
gaivota chorona gaivota escura garza branca garza real garzota laverca
mazarico chiador mazarico rabinegro mazarico real pato cinsento pato rabilongo patirrubio
pica alpina pica costeira píldora raiada píllara cincenta píllara real pilro cincento
pilro común pilro gordo pilro tridáctilo somorgullo orelleiro somorgullo pequeno somorgullo real


Especies estivaies
andoriña avenoiteira cincenta cirrio común picanzo vermello


Especies accidentais e/ou en paso migratorio
aguia peixeira arao romeiro cuco escribenta amarela
escribenta nival gaivota polar lagarteiro mascato
mergo pequno mergo trullo mobella grande pedreiro cincento
píllara rubia píldora dourada píllara papuda rula

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]


Protección[editar | editar a fonte]

- Lugar de Importancia Comunitario LIC ES1110001 "Ortigueira-Mera"

- Zona Húmeda de Importancia Internacional. Convenio RAMSAR

- Zona de Especial Protección Para las Aves ZEPA ES0000086


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dirección General del Instituto Geográfico Nacional, del Ministerio de Fomento. Datos geográficos y toponimia. Espacios anturales. Atlas nacional de España. Ría de Santa Marta de Ortigueira. Consultada o 31 de outubro de 2016
  2. 2,0 2,1 Dávila Díaz, Julio (1931): Geografía descriptiva de la comarca de Ortigueira. A Coruña: Establecimientos gráficos Zincker Hermanos, Cantón Grande, 21.
  3. Consellería de Medio Ambiente. Xunta de Galicia: "Decreto 127/2008, de 5 de junio, por el que se desarrolla el régimen jurídico de los humedales protegidos y se crea el Inventario de humedales de Galicia". Diario Oficial de Galicia. Consultado o 31 de outubro de 2016.
  4. Consellería de Agricultura, Ganadería y Montes. Xunta de Galicia: "Decreto 157/1995, de 3 de junio, por el que se incluyen las zonas denominadas Umia-O Grove, A Lanzada, laguna Bodeira y punta Carreirón; ría de Ortigueira; laguna y arenal de Valdoviño y ría del Eo en el Registro General de Espacios Naturales de Galicia". Diario Oficial de Galicia. Consultado o 31 de outubro de 2016.
  5. MeteoGalicia. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia: Exposición sobre meteorología. Consultada o 31 de outubro de 2016.
  6. Portos de Galicia. Consellería do Mar. Xunta de Galicia: La Costa Atlántica Gallega. Consultada o 31 de outubro de 2016.
  7. Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente. Dirección Xeral de Conservación da Natureza: Humedales de Galicia. Consultada o 31 de outubro de 2015.
  8. Concello de Ortigueira. "Camino de la costa". Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  9. Concello de Ortigueira. "El proceso de cristianización". Consultado o 31 de outubro de 2016. 


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Sitios Ramsar en España

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]