Serra de Liñares
Aparencia
Tipo | serra ![]() | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
División administrativa | España ![]() | ||
A serra de Liñares é unha das serras orientais de Galiza, e resulta ser unha prolongación cara ao sueste da serra de Follabal. Está arrodeada polo leste polo río Navallos e no oeste polo río Suarna e mais o seu afluente o río Lamas, ambos os dous en dirección ao río Navia. A vexetación que abunda son os piñeiros de repoboación e algunhas carballeiras e soutos nas zonas máis encostas.
Nun dos afluentes do río Suarna está localizada a seimeira de Vilagocende, unha das meirandes de Galiza.
O seu punto de máis altura é o Seixón, con 953 metros sobre o nivel do mar.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 978-84-8341-126-1
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |