Serra do Candán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°35′12″N 8°14′43″O / 42.586691, -8.2453634

serra do Candán
Mosteiro de Aciveiro, en plena Serra do Candán.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: 2004
Superficie: 10699 ha.
Lexislación: Decreto 37/2014
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Pontevedra e Ourense
Concellos: Forcarei, Lalín, Silleda, Beariz e O Irixo
Ríos:
Picos Alto de San Bieito, O Coco, Seixiños Brancos, Chamor, Alto de San Sebastián
Direccións de interese:
Teléfonos:

A serra do Candán é unha serra galega que se estende ao longo dos concellos de Forcarei, Lalín, Silleda, Beariz e O Irixo. Atópase na dorsal galega e é onde nacen os ríos Lérez, o Umia e varios afluentes do Deza. É unha zona especial de conservación (ZEC).[1]

No outono do cerne Candán
deitan as fontes do Lérez:
no baixo, ao pé do regato
sorrí a Santiña de Montes
nun convento destellado

Características[editar | editar a fonte]

A maior parte das rochas da serra está constituídas por granitos e xistos, morfoloxicamente a superficie é achairada, a súa orientación é paralela á costa o que fai que sexa responsable do coñecido como efecto Föhn que fai que as frontes húmidas procedentes do Atlántico ascendan ao chegar á vertente occidental da serra do Candán, arrefriando ao ter que elevarse e como consecuencia condénsanse a auga, que descarga como chuvia antes de chegar ao cume, mentres a vertente do sotavento recibe o aire fresco que vai quecendo ao perder altura.

Cumes[editar | editar a fonte]

Os principais cumes son o Alto de San Bieito -tamén chamado monte de San Bento- (1017 metros), O Coco (969 metros), Seixiños Brancos (905 metros), Chamor (815 metros) e Alto de San Sebastián (750 metros). A serra do Candán está incluída na Rede Natura pola riqueza do seu ecosistema que varía desde os bosques de galería e as fragas nas zonas de menos altitude e nas ribeiras dos ríos ata o monte baixo de toxo, carqueixa, queiroga e xesta. Entre a fauna presente no Candán destacan especies en perigo de extinción como o bufo real e a aguia real, xunto con especies máis comúns como o azor, o miñato, a curuxa, o lobo, o gato bravo, a denosiña e o raposo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Serra do Careón". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]