Lagoa e areal de Valdoviño
Aparencia
| Tipo | espazo natural protexido zona húmida protexida lagoa artificial | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Valdoviño, España | |||
| ||||
| Características | ||||
| Superficie | 487,18238 ha | |||
| Sitio Ramsar | ||||
| Identificador | 599 | |||
| World Database on Protected Areas | ||||
| Identificador | ||||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 2004 | |||
A lagoa e areal de Valdoviño é un espazo natural galego declarado como zona húmida protexida e que ocupa 490 ha da lagoa da Frouxeira e a praia da Frouxeira, Valdoviño.
Esta zona húmida forma parte da zona especial de conservación (ZEC) "Costa Ártabra" e da zona de especial protección para as aves (ZEPA) da "Costa de Ferrolterra - Valdoviño". É ademais unha das zonas húmidas galegas incluídas na Lista das zonas húmidas de importancia internacional, da Convención de Ramsar.[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Designación de sitios Ramsar, 4ª ed. (en castelán) Consultada o 1 de novembro de 2016.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
