Serra do Mirador
| Tipo | serra | ||
|---|---|---|---|
| Localización | |||
| División administrativa | provincia de Lugo, España | ||
A serra do Mirador atópase na fronteira dos concellos de Pol, Castroverde e Baleira, onde se pode ver unha vista panorámica das terras dos tres concellos. Tamén é coñecida como serra do Miradoiro, ou na parte da parroquia da Braña, Serra de Montouto. O punto máis alto desta serra está localizado no monte Pradairo a 1.034 metros de altitude. Nos días claros pode verse a maioría da Terra Cha, así como serras da Coruña, Ourense e Asturias. No cume ademais dun punto xeodésico hai unha caseta que en tempos pasados era usada para vixilancia do lume.
O sector occidental está conformado por xistos, calcarias e dolomías, o central de bandas paralelas de pelitas e areíscas envolvidas por faixas estreitas de cuarcitas.
Na parte oriental nace o río Eo e o seu afluente o río Martín, así como tamén varios regos das súas cabeceiras.



Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1