Serra do Larouco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A serra do Larouco é unha das serras do sur de Galiza , ten orientación NE-SO e fai de límite entre A Limia e Portugal. Prolóngase cara ao norte até tocar a serra de San Mamede, entre as depresións da Limia e Monterrei.

É unha serra de cumios suaves que van gañando altura cara ao sur. Está formada principalmente por granito e por algunhas rochas metamórficas. Boa parte está cuberta de mato e piñeiro de repoboación. Consérvanse zonas de bosque de cerquiño, e destaca o bosque da Rousía, en Baltar.

O punto máximo de altitude é o Coto Farelo, con 1.398 metros sobre o nivel do mar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN-10: 84-8341-126-1