Serra da Carba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista do monte Monseivane (ao fondo) dende Samarugo, Vilalba.

A serra da Carba é unha serra galega considerada parte das serras setentrionais de Galiza e localizada no norte da comarca da Terra Chá, no suroeste do Xistral, sobre a beira esquerda no alto do curso de río Eume. Está formada sobre todo por cuarcitas do período cámbrico, cunha zona de conglomerados de cantos de cuarcita e de turmalina, e mais uns afloramentos importantes de gneis e metabasitas.

O punto de maior altitude é o monte Monseivane, con 929 metros sobre o nivel do mar[1] .

Notas[editar | editar a fonte]

  1. turismovilalba.com (ed.). "Monte Monseivane". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 20 de setembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]