Serra do Farelo
Aparencia
Coordenadas: 42°43′55″N 7°56′18″O / 42.731944444444, -7.9383333333333
A serra do Farelo é unha serra galega que se localiza no límite dos concellos de Agolada e Antas de Ulla.
Características
[editar | editar a fonte]As rochas compóñense principalmente de granitos e pigmatitas. Monte Farelo, con 956 metros, é o cume máis alto. Outras elevacións son o Farelo Pequeno (806 m), Pico Longo (764 m), Pena Picota (732 m) e Monte Queimado (602 m).
Na serra teñen a súa nacenza moitos regatos que desembocan no río Ulla directamente ou a través do río Arnego.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1