Monte Louro, Louro, Muros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Monte Louro»)

Coordenadas: 42°44′34″N 9°04′56″O / 42.7428, -9.08222

Monte Louro coa Lagoa das Xerfas, a praia de Area Maior e o pinar de Ancoradoiro. Ao fondo, a ría de Muros e Noia. Esta paisaxe foi asolada por un incendio forestal en agosto de 2005

Monte Louro é un lugar situado na parroquia de Louro, no concello coruñés de Muros. O monte está concretamente na parroquia sobre a banda norte da ría de Muros e Noia.

A estrada pasa entre o monte e a praia de Louro, situada entre as puntas Carreiro e Lens. Forma parte do zona especial de conservación (ZEC) Monte e lagoa de Louro e ten un interese xeolóxico especial por ser un inselberg granítico, ou monte que destaca nunha chaira, rodeado dunha plataforma de abrasión.[1][2][3]

Monte Louro na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • O Cristo de Finisterre/ ten unha pistola d'ouro/ pra matar aos do Son/ por riba de Monte Louro [4].
  • Santo Cristo de Fisterra,/ ten unha pistola de ouro/ para matar os do Son/ por riba do Monte Louro [5].
  • Si todo o mar fora leite/ e Monte Louro boroa,/ xa terían que comer/ os tramalleiros de Boa [6][7].
  • Monte Louro con touca, chuvia moita ou pouca.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de Monte Louro, Louro, Muros
Camiño cara ao Monte Louro.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Louro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Louro no concello de Muros (provincia da Coruña)

O Ancoradoiro | O Espadanal | O Fogareiro | Louro | Monte Louro | O Rial | San Francisco | Seisidre | Sistamares | Taxes | Ventín | Vieta | A Vouga

Parroquias de Muros[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Muros

Abelleira (Santo Estevo) | Esteiro (Santa Mariña) | Louro (Santiago) | Muros (San Pedro) | Serres (San Xoán) | Sestaio (San Miguel) | Tal (Santiago) | Torea (San Xián)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Monte e lagoa de Louro, código ZEC ES1110012. Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 12 de xullo de 2017. 
  2. "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2017. Consultado o 5 de xullo de 2017. 
  3. "Inventario de LIGs: 119001. Monte Louro, laguna y marismas.". Inventario de patrimonio geolóxico de España. Instituto Geológico y Minero de España. 1983-12-31. Consultado o 2017-07-13. 
  4. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192. No texto: d-ouro, Montelouro.
  5. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 184. No texto: ôs do Son.
  6. Boa é a parroquia máis occidental do concello coruñés de Noia, lindando con Porto do Son. Tramalleiros son os que pescan ó tramallo, unha arte de pesca formada por tres redes superpostas. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192; no texto: Montelouro,
  7. Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 15.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]