Serra da Raíña Loba
Aparencia
A serra da Raíña Loba é unha das serras do sur de Galiza e está localizada entre A Limia e a serra de Larouco. Está conformada pola serra de Gomariz e os montes do Cebreiro. A súa composición é principalmente granítica.
Conserva importantes áreas de bosque de rebolos con bidueiros, pereiras bravas e carballos. Outra parte está repoboada con piñeiros e o resto son arbustos e penedos.
Os puntos de maior altura son o Penedo da Raíña Loba (na serra de Gomariz) con 1.161 metros sobre o nivel do mar, e o pico Cebreiro, con 1.265 (nos montes do Cebreiro, onde tamén destaca con 1.258 o chamado Penedo das Fatigas).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Caamaño Rivas, Víctor M.; Leiro, Adela; Daporta, Mon; Núñez Pérez, Manuel; Pontanilla Pérez, Isaac (2006). As montañas de Galiza. A Nosa Terra. ISBN 84-8341-126-1.