Estaca de Bares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°46′06″N 7°41′48″O / 43.7683, -7.6967

Estaca de Bares
Estaca de Bares
Marco Legal
Figura de Protección: LIC e ZEC, ZEPVN
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 851.54 (11% de área mariña)
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: A Coruña
Concellos:
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

A Estaca de Bares é un espazo natural LIC e ZEC da parroquia na coruñesa de Bares, Mañón. Este cabo é o punto máis setentrional da península Ibérica e o que se considera o punto de división entre o mar Cantábrico e o Atlántico.[4][5][1][2][3] Nel destaca o faro da Estaca de Bares, construído en 1850.[6]

Con 2.500 mm ó ano é unha dos lugares máis chuviosos de Europa.

Características[editar | editar a fonte]

O cabo é un enclave con valor ornitolóxico xa que é unha atalaia na que se avistan moitas das migracións de aves mariñas, das que. Entre os meses de agosto e novembro, chéganse a contabilizar algúns anos máis de 100.000 exemplares: mascato, arao romeiro, corvo mariño real e pato pentumeiro son as especies mellor representadas, nidificando tamén na zona o falcón peregrino.[Cómpre referencia]

Neste cabo tamén poden verse as ruínas dunhas instalacións militares abandonadas. Unha delas era unha instalación dos Gardacostas dos Estados Unidos ao comezo dos anos 60, como unha base LORAN (do inglés: Long Range Aid to Navigation). A estación de Estaca de Bares operaba conxuntamente coas estacións do Goberno británico en East Blockhouse, Gales e, ata 1973, do Goberno francés en Porspoder, Francia.

En 1978, tras a finalización das operacións LORAN dos gardacostas, a Forza Aérea dos Estados Unidos asumiu o control da base. A base funcionou como unha estación de comunicacións ata 1991. Na actualidade, estas instalacións están en ruínas.[7]

Galería de imaxes de Estaca de Bares[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.